camrasO aumento na oferta de modelos de camaras dixitais dispoñibels e a súa baixada de prezo fai cada vez mais dificil escoller un trebello para mercar. Ao dí­a de hoxe, o custo dunha compacta de gama alta e similar ao custo dunha reflex dixital das económicas, por iso facemonos unha pregunta dende trebellos ¿Qué camara mercar?. Non é unha pregunta doada de respostar, e tampouco ten unha solución única. Cada formato ten as súas ventaxas e as súas contras que deberemos valorar dependendo do uso que lle vaiamos dar. A primeira grande diferencia está nas dimensións. Unha reflex dixital anda polos 500 gramos de peso sen obxetivo e unha compacta anda sobre os 300-400 gramos. Ademais, moitas compactas podense meter no peto mentres que unha reflex dixital necesita dunha funda pra levala colgada. A movilidade dunha reflex dixital e moito mais reducida ca dunha compacta, é o primeiro factor a ter en conta. O seguinte a mirar é o modo de uso. A maiorí­a das compactas dixitais estan pensadas para “apuntar e disparar” aproveitando os modos automáticos que traen de fábrica. Ainda que as dixitais tamén traen algun modo automático, para exprimirlle o seu potencial debemos axustar os parametros de exposición. Esto ten as súas ventaxas en condicions extremas, onde non funcionan ben os programas xenéricos que trae o trebello. O segundo factor a ter en conta é a facilidade de uso. Logo podemos falar da calidade. Antes de nada, gustariame recordar que a calidade da foto depende do fotografo, non da maquina. A ninguen se lle ocorrirí­a pensar que un stradivarius nas mans dun novato poidera facer outra couda distinta de barullo. Nas camaras pasa o mesmo, é o fotografo o que retrata a escena. De todolos xeitos, podemos falar da calidade da óptica e mais da calidade do sensor para facernos unha idea. A calidade da óptica das camaras compactas actuais e moi boa, ofertando un amplio rango de focais con aperturas moderadas. Pero neste senso, as camaras refrex dixitais supoñen un avance ó poder cambiar as súas ópticas por outras de gama superior. En canto á calidade dos sensores que montan ambos tipos de cámaras existen algunhas diferencias que non radican no número de megapixels. As camaras reflex dixitais adoitan levar sensores de 6,10 Mp, amplamente superadas por algunha compacta que leva sensor de 8 ou 10 Mp. De todolos xeitos, o mais importante de cara á calidade da imaxe non é o número de megapixels, senon o tamaño de cada un, e polo tanto do sensor. Neste eido, os sensores das reflex dixitais son algo mais grandes o que se reflexa nunha maior calidade de imaxe en altas sensibilidades. As principais ventaxas de mercar un reflex veñen polo menor tempo de resposta, tanto enfocando como disparando. Se o que necesitas é rapidez, sen dubida unha reflex é unha boa elección. Tamén gañan ventaxa en situacions extremas de baixa luminosidade e en definitiva, en calquer escena que non poidan resolver os modos automáticos. Eso si, hai que coñecela fotografí­a para poderlle sacar todo o partido a este tipo de cámaras. Pola contra, as camaras compactas desenvolvense moi ben en situacions cotiás cos seus modos automáticos. Son cámaras pensadas para apuntar e disparar ainda que son mais preguiceiras. Están pensadas para o usuario que non se quere complicala vida con axustes manuais, e isto fai que se desenvolvan peor en condicions extremas. Estos son algunhas das ideas que deben guiarnos cara á merca da camara que mais se axeite ao que buscamos. Porque non existe a cámara perfecta e cada usuario ten unhas necesidades distintas. Seguiremos a falar desto en trebellos.