Trebellos || Gadgets en galego

O iPhone tamén en Alemaña

iPhone

Despois de diversas marmuracións, das que xa vos falamos en Trebellos, T-Mobile anunciou por fin que poñerá á venda o teléfono móbil de Apple en Alemaña a partir do 9 de novembro, o dí­a no que tamén se poñerá á venda no Reino Unido.

A versión que se poñerá á venda será a mesma ca no resto de paí­ses, a de 8Gb, a un prezo de 399 euros cun contrato de dous anos coa compañí­a. T-Mobile tamén anunciou que se terán a disposición perto de 20.000 puntos de acceso inarámicos para a conexión a internet.

Steve Jobs está a facer un percorrido por algúns paí­ses europeos. Onte estivo no Reino Unido, hoxe en Alemaña e disque mañá estará en Francia. Teremos mañá novas sobre a distribución francesa do iPhone? Pasará Jobs tamén por España?

Relacionada: iPhone no Reino Unido con O2 o 9
de novembro
Relacionada: Teremos o iPhone en Europa para novembro?
Máis información: Apple

O iPhone comeza a confirmarse en Europa

iPhone Reino Unido
  • Comentan na rede fontes bastante fiábeis que na conferencia deste vindeiro Martes de Apple en Londres se vai presentar o iPhone alí­, co operador O2 que é filial de Telefónica. O terminal sairí­a a finais de Outubro, mais en principio non se di nada destas terras. Agardemos.
  • En Appleweblog falan do rumor da saí­da do iPhone en Alemaña con T-Mobile. O terminal sairí­a á venda nas tendas de Deutsche Telekom a un prezo de 399 euros.

En principio, de estas terras aí­nda non se fala, haberá que agardar, sobre todo ao Martes, e ver se comezamos a atar rumores. Principalmente, aquel que dicí­a que o iPhone en Europa poderí­a (e deberí­a) ser un modelo distinto ao americano. Sexa o que sexa, en Trebellos informaremos ao momento.

Ví­a: Gizmodo

Teremos o iPhone en Europa para novembro?

Publicidade do iPhone en Alemaña

Non se sabe se cerá certo ou non, xa que Apple aí­nda non adiantou nada sobre o lanzamento do seu teléfono móbil no continente europeo, pero segundo un anuncio de T-Mobile, a compañí­a de telefoní­a móbil que probablemente se fixo cos dereitos de venda do iPhone en Alemaña, o trebello sairí­a á venda nese paí­s o 12 de novembro con mellores caracterí­sticas ca versión actual. De seren certas as caracterí­sticas publicadas, o iPhone terí­a unha capacidade de 16Gb (o dobre da versión actual) e o soporte de redes 3G/HSDPA e non EDGE. As tarifas, tamén dispoñibles no anuncio, serí­an bastante parecidas ás dispoñibles nos Estados Unidos, con diferenzas de 10, 20 e 30 euros respectivamente nos tres plans. De ser isto certo, para cando teremos confirmación ou anuncio dunha suposta nova versión por parte dos de Cupertino? Ví­a: CrunchGear

iPod shuffle de ouro, obxeto de luxo

iPod Shuffle de Oro

Sí­, nos tamén pensamos o mesmo deste trebello mais, se te che sobran os cartos e te che encanta o ouro pode ser unha boa opción.

A empresa alemana Xexoo ten á venda iPods bañados en ouro, e non só este modelo, o iPod Shuffle, senón tamén outros como o iPod nano ou o iPod ví­deo de 30GB.

O que vedes na imaxe é un iPod Shuffle bañado en ouro de 18 quilates, por un módico prezo de 14.000 €, apto pra calqueira friki bolsillo.

Máis información: Sitio oficial da marca

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios