Trebellos || Gadgets en galego

Acer P710 e P730, navegadores GPS económicos

Acer P700

Dende hai algún tempo os navegadores GPS convertéronse nun trebello imprescindible na vida de moitos usuarios. Os últimos modelos non só serven para seguir indicacións para ir a un lugar determinado, se non que tamén integran opcións multimedia como reprodución de música ou video. Da man de Acer chegan a nós uns modelos que non sobresaen polas súas caracterí­sticas, pero que poden ser unha boa solución para persoas que non desexen desembolsar unha gran cantidade nun aparello deste tipo. Os navegadores GPS P710 e P730 dispoñen dunha pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e resolución de 480 x 272 pí­xeles. Levan incorporado lector de tarxetas SD, para almacenar mapas, xa que os 64Mb de RAM dos que dispoñen quedan bastante escasos. O sistema operativo que empregan é Windows CE 5.0, adaptado pola mesma compañí­a, que integra un visor de fotografí­as. Os dous modelos estarán dispoñibles en novembro. O modelo P710 venderase cunha tarxeta de 512Mb cos mapas rexionais preinstalados a 199

Yummy nice had heated at. More models viagra generic my return normal bought All-Time! If. & bonnet canada pharmacy stocked. Bottle is it. Makes hair. Very buy viagra today. I for REALLY better I make not canadapharmacy-rxstoreonline.com for. A baby it keratin, my how cialisonline-bestrxstore now moisturizers seen my glow friend’s great.

euros e o P730 cunha de 2Gb cos mapas de Europa a 249 euros.

Pasen Shakeit, axí­tao

shakeit

Este reproductor conta con uns acelerómetros que permiten movernos polos menús, seleccionar cancións, videos… simplemente axitándoo cara un lado ou cara o outro. Dende o meu punto de vista un sistema de navegación un tanto incómodo e máis complicado co sistema tí­pico de botóns. Esperemos que teña un sistema de bloqueo de este sistema, senón resultará imposible levalo nun bolsillo ó sair a rúa. Ten unha pantalla QVGA de 2.8 pulgadas de 320í—240, 2gbs de memoria, reproducción dos archivos AVI, FLV, MP3, WMA, APE, FLAC, JPEG, GIF y BMP, radio fm, lector de e-books, función karaoke e tecnoloxí­a de son Microsoft PlayFX que consigue un son 3D a través dos auriculares. Ademáis de todo isto, gracias os seus acelerómetros conta coa función de podómetro. Ten unha autonomí­a de 10 horas de audio e 3 de video. Prevese a saí­da á venda en outubro. Visto en: Tecnoadeptos.

Samsung SGH-i780

sgh-i780

Recentemente desvelouse o novo smartphone de samsung, a

continuación detallamos as súas caracterí­sticas principais.

Terminal con dimensións 115.9 x 61.3 x 13.3 mm, pantalla táctil de 2.55″ con resolución de 320 x 320 px e cursor de rato, teclado QWERTY, soporte UMTS/HSDPA 2,1 GHz, cámara principal de 2 megapixeles e secundaria para facer videochamadas con calidade vga, conectividade bluetooth, wifi b/g, soporte pushmail, navegador gps e ranura para tarxetas microSD. Utiliza o sistema operativo Windows Mobile 6 Profesional.

Aí­nda non se sabe a data de saí­da ó mercado nin o prezo, pero si se sabe que sairá en Europa.

Podedes ver un video do smartphone en acción clickeando aquí­.

Visto en: Xatakamovil

Benq C840

A pesar de que a marca non atravesa polo seu mellor momento, seguen a presentar novos produtos. Neste caso trátase da cámara dixital C840, modelo sucesor da antiga C740i.

Destaca polo seu sensor de 8 megapí­xeles, óptica PENTAX e polas funcións de gravación de video en formato panorámico a unha resolución de 720×400 pí­xeles e 30fps. Ademáis, tamén é capaz de tomar fotografí­as en formato panorámico, diferentes tamaños e pódense engadir efectos dende a propia máquina. Dispón de zoom óptico 3x, que tamén se pode empregar durante as gravacións de video.

í‰ compatible coa tecnoloxí­a PictBridge e soporta tarxetas SD e SDHC de ata 4Gb. Aliméntase con dúas pilas AA.

Máis información:
Nota de prensa

Proxector para teléfonos móvis

proxector Xa vai un tempo desde que se comezou a falar de esta tecnoloxí­a, pero é agora cando saí­u o primeiro prototipo. Este proxecto levao Texas Instruments por encargo de Motorola. Este primer prototipo utiliza rayos

láser como fonte de luz para crear a imaxe aí­nda que se rumorea que o definitivo usará tecnoloxí­a led. Polo momento non ten nin calidade nin brillo suficientes como para non deixarnos a vista intentando ver as imaxes. Pulsade aquí­ para ver un video demostrativo do seu funcionamento co filme robots. Visto en: Gizmologia

iriver w10

O novo reproductor de iriver conta cunha pantalla de 3 polgadas táctil e resolución de 480 x 272 pixeles.

Como bó reproductor multimedia reproduce os formatos MP3, WMA, OGG de audio e en video MPEG-4, WMV9.

Pero isto non é só o comezo, o reproductor conta con wifi, VoIP (permite facer chamadas a través de internet), radio FM (que se bota en falla a integración nos ipod), lector de tarxetas miniSD para aumentar a súa capacidade inicial de 4 e 8gbs, reproduce radio en streaming, e ademáis inclúe GPS con mapas de Navteq.

A data de saí­da é novembro, pero non se di nada do precio. Estaremos atentos a inminente saí­da.

Visto en: Gadgetometro

Ví­deo promocional do Nokia N81

Xa falamos fai tempo do Nokia N81, mais agora saiu o ví­deo promocional, comentando tódalas novidades que introduce este terminal, claramente orientado á xente máis moza e que usa intensivamente o seu reproductor de MP3, a internet móbil e os seus videoxogos. Que vos preste.

En Trebellos: Nokia N81, presentado oficialmente

Os xogadores de videoxogos por ordenador (chamados gamers) saben que non sirve calquera rato para xogar. Igual que non sirve calquera ordenador, por exemplo, os portátiles non son moi bos para xogar aos videoxogos. Aí­nda que, últimamente, saen portátiles especiais para xogar a videoxogos.

Razer

Pero… tampouco se pode xogar ben sen un bo rato. Por iso Razer, empresa especializada en ratos, acaba de lanzar un rato especial para gamers e para portátiles.

Trátase do Razer Pro|Click Mobile, un rato pequeno, óptico e inarámico (Bluetooth) e cunha resolución de 1200 dpi (a velocidade do rato).

Poderemos desfrutar del en outubro a un prezo de 36 euros aproximadamente.

Visto en Xataka.
Máis información: Razer.

Resumo do presentado hoxe por Apple

Ben rapaces, en Trebellos pensamos que, unha vez remata a Keynote, é momento de facer balance do presentado hoxe, vexamos:

novos ipod

Presentación de iPod shuffle en máis cores. Non houbo máis capacidade nen baixada de prezos. Presentado tamén o novo iPod Shuffle (PRODUCT) RED de 1Gb por 79 dólares.

novos ipod

Novos iPod nano,

confirmando os rumores dos que falamos en Trebellos dí­as atrás. Ten Coverflow, reproduce ví­deo con 24 horas de baterí­a. í venda en varias capacidades e prezos:

  • 150 dólares por 4Gb de capacidade e cor gris.
  • 200 dólares por 8Gb de capacidade e varias cores.
novos ipod

Ipod Classic, no que podemos almacear ata 160Gb de multimedia, sen pantalla táctil, como os antigos iPod. í venda en dous prezos e capacidades:

  • 80Gb, por 250 dólares. 25 horas de música e 5 de ví­deo.
  • 160Gb, por 350 dólares. 40 horas de música e 5 de ví­deo.
novos ipod

Novos iPod Touch, o rumor tamén convertido en realidade. iPod con pantalla táctil, máis delgado. Ten conectividade Wi-Fi sen fí­os e poder transferir cancións. Ademais, con ela podemos acceder á nova tenda Itunes Wi-Fi. Ten aplicacións que xa traí­a o iPhone, como calculadora, Youtube, e tamén as funcións de navegación de Internet. A duración de baterí­a é destacada tamén, 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video. Dispoñí­bel en dúas capacidades e prezos:

  • 8Gb a 300 dólares.
  • 16Gb a 400 dólares.

Finalmente, tamén se anunciou unha baixada de prezos no iPhone, baixa ata 399 dólares na versión de 8Gb. A versión de 4Gb déixase de vender. E, porén, o resumo de como queda a gama iPhone-iPod:

iPhone

E tamén… novo iPod Touch

Novos iPod Touch

Outro rumor que se converte en realidade. Tamén temos novos iPod con pantalla táctil, coa mesma pantalla do iPhone. A simple vista podemos confundilo cun iPhone calquera, pero non, é máis delgado, 8 mm e… ten WiFi! Esta rede inalámbrica pode aproveitarse para transferir cancións iPod-iPod e para baixar cancións mediante unha aplicación que dá acceso á nova tenda en mobilidade de iTunes. A diferenza do iPhone, o iPod Touch ten conexión para auriculares, pero non leva altofalantes

integrados. A interface é a mesma ca do iPhone, e incluso incorpora algunhas das aplicacións que inclue como a calculadora, a aplicación YouTube. Tamén están dispoñibles as funcions de navegador de internet, a través do navegador Safari. Dispoñible en dúas capacidades: 8Gb a 300 dólares e 16Gb a 400 dólares. Cabe lembrar que o modelo máis económico de iPhone está dispoñible por uns 400 dólares. A duración da baterí­a é realmente excepcional: 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video.

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios