Trebellos || Gadgets en galego

The Phone House subvenciona portátiles

The Phone House

Non é nada novo no eido da tecnoloxí­a que unha empresa subvencione algún tipo de produto a cambio de contratar un servizo ou aceptar unha serie de condicións. Exemplo disto son, por exemplo, as promocións das operadoras de telefoní­a móbil, que a cambio da firma dun contrato de permanencia che ofrecen teléfonos móbiles a prezos máis baixos. Ata o de agora, non era frecuente facer este tipo de ofertas noutros produtos, pero dende finais do mes de novembro é posible mercar un portátil da marca Acer nas tendas de The Phone House a un prezo máis baixo do habitual se contratas unha tarifa PC Orange. Os dous modelos que se ofrecen polo momento son o Acer 4220 e o 5520, equipados con WiFi e Windows Vista. O prezo do primeiro varí­a entre os 199 e os 469€, dependendo da tarifa contratada, e o modelo 5520 vai dende os 399 coa tarifa máis completa ata os 699€ sen ningunha tarifa. Máis información e condicións da oferta: Promocións ADSL Orange

Esta taza ten grande utilidade, sirve nada máis e nada menos para evitar que nos queimemos a boca ao beber un café moi quente, por exemplo.

On Off mug

Grazas a uns pigmentos que ten a taza, cando vertemos dentro un

lí­quido quente a taza pónse de cor branca e lése a palabra ON, cando vai enfriando vai cambiando de cor cara o negro e leráse a palabra OFF.

Así­ de sinxelo e útil por 16 euros, aí­nda que é posible que atopes tazas deste estilo por 3 euros nalgúns todoacien de toda a vida.

Visto en Gizmodo.
Máis información Charles & Marie.

Confirmado o iPhone 3G

iPhone

Xa está confirmado: haberá iPhone 3G, o terminal que chegará a España a mediados do 2008. Todo isto foi confirmado por Randall Stephenson, un dos xefes de AT&T, a operadora que ten a exclusiva do propio teléfono de Apple nos USA.

O principal problema co 3G é que o seu chip consume moita baterí­a (os que temos un terminal 3G o sabemos moi ben), e semella que por fin está solucionado, durando co 3G activado unhas 5 horas, unhas tres menos que o actual iPhone.

Máis información: Bloomberg

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así­ a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €. Visto en: Engadget Máis información: Art. Lebedev

Todos sabemos que as cámaras fotográficas compactas non son cámaras profesionais e por iso apenas teñen accesorios.

minilentes

Agora podes mercar uns filtros para que as túas fotografí­as saian con efectos curiosos. Son as Jelly lenses, unhas mini-lentes para cámaras compactas ou teléfonos móbiles. Hai un total de 3 lentes a aproximadamente 4 euros cada unha e tamén se pode mercar o pack das 3 por uns 12 euros.

Xa non hai excusa para non sacar fotos divertidas coa túa cámara.

Visto en Xátaka Foto.
Máis información: The Container Store.

Aqui vos traemos dous trebellos moi diferentes pero moi útiles para algúns. O primeiro e o USB Media Remote que non é outra cousa que un mando a distancia para o ordenador, que xa trae incluido un adaptador USB. Si, é feo, pero é útil xa que podes controlar as túas pelí­culas, a música, as presentacións de PowerPoint, etc. Ademáis ten esa forma porque pódese gardar na ranura da PCMCIA ideal para levar dunha forma

cómoda nun portátil.

USB Media Remote

O outro trebello é moi grande e o trebello ideal para os amantes dos coches e dos xogos de carreiras. Trátase do

Play Seat Evolution de Logitech, un sillón con volante e pedais para xogar comodamente e realisticamente aos videoxogos de carreiras. Teredes que dárvos presa para mercar este accesorio para videoxogos de algo menos de 500 euros, xa que só poñen á venda 100 unidades.

Play Seat Evolution

Visto en Gizmodo | Xátaka. Máis información: USB Geek | Akihabara News.

Merca un Mac a prazos e sen intereses

Mac a prazos

Apple quere celebrar a chegada do Nadal, etapa propicia para a merca de trebellos e por iso mesmo acaban de sacar unha promoción

mediante a cal pódese mercar un Mac a 10 meses e con interés cero. A promoción está vixente dende o 20 de Novembro ata o 14 de Xaneiro. Lembrar tamén que esta promoción de Apple non ten nada que ver con mercar o ordenador

na Apple Store normal ou na Apple Store para estudantes, a única condición é que o prezo a financiar sexa superior a 700€. Máis información: Web da oferta Máis información: Apple Store

Jetflash T3, o minipendrive de Trascend

jetflash t3
Transcend acaba de sacar ó mercado un dos pendrives máis pequenos do mercado cunhas dimensións de 0.3mm x 12.3mm x 2.4mm e 2 gramos de peso.

Ten un ratio de transferencia de 10 MB/s de lectura e 3MB/s de escritura.

Está feito extra resistente para que non se doble ou rompa como soe pasar coas minimemorias usb. Utiliza un chip especial (COB, chip on board) que se ensambla na carcasa de policarbonato irrompible así­ como os seus circuitos e fai que sexa irrompible.

Inclúe un pack de software coas seguintes caracterí­sticas:

  • Función de bloqueo do ordenador: Fai que o pendrive sexa coma unha chave para restrinxir o acceso.
  • Función de encriptación ou seguridade: comprime e/ou protexe con contrasinal os archivos gardados usando a encriptacion AES.
  • Función de email: Pode usarse para enviar, recibir e gardar de modo seguros os correos eléctronicos.
  • Función de autologueo: Garda os teus contrasinais das webs e automáticamente loguearase en elas.
  • Non necesita drivers agás en windows 98.

    Polo momento está dispoñible en versións de 1gb e de 2gb con prezos de 10€ e 18€ respectivamente. Tamén se vende en packs de 5 unidades. A garantí­a é de por vida.

    Máis información: Trascend

    Voltamos cos Trebellos

    Somos conscentes do tempo que leva Trebellos sen actualizarse, e ese tempo non foi en balde, pensamos que merecedes unha explicación e aí­ tentaremos ofrecela.

    O actual equipo redactor de Trebellos non somos capaces de afrontar o ritmo de publicación diario ou case diario que tiña o blogue ata o momento. Cuestións persoais afastábannos da tarefa principal no blogue, e porén a partir dagora Trebellos terá por un tempo resumos semanais cos novos trebellos que vaian saí­ndo ao mercado. Decidimos esta situación antes que pechar o blogue pola mágoa que nos darí­a executar esa acción.

    Porén, seguimos a recalcar a necesidade de máis blogueiros para Trebellos, estamos abertos a calqueira participación se é con ganas de formar parte deste proxecto.
    Atentamente,

    O Equipo Redactor de Trebellos.org

    Este Micro Computer Game (tal que dí­ nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei. Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada. O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior. En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto (8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a tí­pica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altí­simo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro. Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, tí­pica.

    Fotos: 1, 2. Amosa os teus trebellos!

    « Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios