HP iPaq 310 Travel Companion

E seguindo coas novidades presentadas onte por HP, agora tócalle o turno ó novo navegador GPS da compañí­a, o HP iPaq 310 Travel Companion, o primeiro que incorpora unha interface exclusiva de HP, xa que en anteriores ocasións os seus dispositivos levaban sistemas operativos de terceiros.

Ten pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e 800 x 480 pí­xeles de resolución. Dispón de 128Mb de memoria SDRAM e dependendo do modelo pode chegar ata os 2Gb de ROM. Se a capacidade do navegador non é suficiente, pódese ampliar mediante tarxetas SD de alta capacidade.

Ademáis das funcións de navegador GPS, tamén se pode empregar como reprodutor multimedia. Tamén incorpora Bluetooth para conectar teléfonos móbiles e outros dispositivos.

O prezo estimado é duns 450 dólares.

Máis información: HP