novo imacPois tres dí­as despois da saida do novo Imac, xa temos dispoñibles na rede toda a parafernalia que acompaña á presentación dos productos de Apple. En primeiro lugar sairon fotos da desembalaxe. Nas fotos apreciase como agora incluen un pano pra limpalo ordenador (moi util) e os novos teclados cos que ven o novo trebello. Basicamente o ordenador e semellante, agás as cores e o novo é un pouco mais delgado e lixeiro. Non tardaron en sair analise en profundidade e algunha comparativa. Pouco tradaron en aparecer as primeiras fotos de pornografia maquera (permitido menores de 18) que delatan que Jonathan Ive traballou por dentro o que non fixo por fora. Nesta remodelación aproveitaron para ordenar o interior como estaba no anterior Imac G5, e quedoulle moi ben E por suposto os habituais sets en flickr de escritorios co novo ordenador, e demais instantaneas nos que poderemos apreciar en profundidade a estética do novo Imac. Ainda así­, sempre hai quen non quedou contento coa remodelación do buque insignia dos ordenadores pra consumo. Parece ser que o efecto glossy da pantalla, disminue o seu angulo de visión ata os 160º e produce uns brillos un pouco molestos. Realmente a pantalla non evolucionou moito, todo hai que dicilo.