17 Jul
Escrito por Juan Milleiro na categoría Periféricos, Sen fíos
Logitech presentou o seu novo modelo de rato MX Air Mouse que ven de revolucionar o concepto de perifericos para
os ordenadores. O novo rato, que estará dispoñible a partires do próximo mes usa unha novia tecnoloxía de seguimento por laser que lle permite manexalo no aire, ó mais puro estilo do mando da Wii de Nintendo. Ademais, tamén funciona como rato normal sen fíos. Estas novas funcionalidades supoñense moi comodas para as presentacions multimedia e porque non, para os media center onde non existe unha postura axeitada para mover o rato sobre da mesa. Parece que os movementos conseguidos son bastante realistas e que usara “gestures” ó mais puro estilo dos navegadores modernos. O rato terá un prezo de saida de 150 $. Mais información : Logitech
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario