Guia pra mercar televisores planos (II): Plasma Vs LCD

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxí­as mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guí­a de merca para que a elección sexa a mais axeitada. A maior parte dos televisores planos do mercado corresponden a dúas tecnoloxí­as: plasma ou LCD. Os televisores de plasma apareceron primeiro no mercado e conseguen a imaxe por medio da excitación dun gas sobre os puntos da pantalla. A tecnoloxí­a LCD é a usada nos monitores dos ordenadores, e consiste nunha matriz de cristal lí­quido que deixa pasar a luz selectivamente, conseguendo así­ a imaxe. Ambas tecnoloxí­as ocupan a meirande parte dos televisores que se venden hoxe. Mais información : Xataka, PC-news As vantaxes dos televisores LCD son a súa maior duración efectiva (50.000 horas fronte ás 30.000 dos plasmas) e o seu menor consumo enerxético. Os plasmas teñen maior tamaño e calidade ca os televisores LCD. Pero ambos poden sufrir problemas, de pixeles mortos no caso do LCD e de queimado nos casos dos televisores de plasmas con imaxes fixas. Polo xeral, os televisores mais axeitados para conectar a un ordenador son os LCD. Outros problemas que existian coma a imposiblidade dos LCD de mostrar negro absoluto ou a menor resolución das pantallas de plasma, xa están superandose tecnicamente. O que debemos ter en conta é que existen moitas calidades en ambalasdúas tecnoloxí­as, polo que o seguinte que debemos axustar e o que queremos gastar. Pode haber diferencias de ata 3 veces entre dous televisores con similares caracterí­sticas polo que a calidade de imaxe deberí­a ser evaluada de acordo cos nosos gustos (e co noso peto!). Podemos topar modelos de 42″ dende os 1400€ dos dous tipos. E por ultimo lembrar que a calidade de imaxe ten moito que ver coa calidade da fonte. Para sacarlle partido a este tipo de pantallas e necesario uha calidade mí­nima de TDT ou DVDrip. A televisión analóxica vese peor en comparación cun televisor CRT. Mais información : Cnet.com, Xataka

8 comments

  1. …poderiades comentar algo sobre as diferencias entre HD Ready e FullHD; conexións hdmi, por compoñentes,…; relacións axeitadas de contraste e refresco; …seguro que axudará ós menos coñecedores…

  2. oreixa, penso que a cuestión non é tanto a calidade HD como os conectores. Por exemplo, un home merca unha TV de plasma todo orgulloso e ten unha TDT na casa, pero logo conecta por euroconector ou por coaxial todo e non polos cables de componentes, que dan unha calidade moi superior..

    dorfun, tomamos nota 😀

  3. Home as saidas e entradas claro que influen na calidade do sinal. Un televisor LCD como calqueira pantalla de ordenador LCD ten unha única resolución óptima, mentres o sinal non esté a esa resolución se fará un interpolado polo que o sinal perde calidade, e como si cambias a resolución de pantalla nun portátil, só se ve ben na resolución nativa da pantalla.

  4. Claro, eu só o digo porque ese erro soe ser bastante frecuente, e eu o vin en televisores bos de moita xente. Só tes que ir a algún comercio nalgunha cidade e preguntarlle por un cable por componentes pra ver a cara que te poñen..

  5. Pasa en todo lados. O curioso é ver como unha tecnoloxía que aínda non se pode usar ao 100% e realmente non é mellor co actual (neste estado da tecnoloxía televisiva) vendese a mans cheas.

    Será por aquelo dos pisos miniatura do ministerio…

  6. dorfun, HD ready son 720p e Fulll HD son 1080p, falaremos mais polo miudo en trebellos.
    Realmente, as resolucions destas televisores non son aproveitadas pola emisión de televisión analóxica e tampouco por TDT, xa que a resolución e moito menor da máxima soportada. Para HD podense usar discos Blu-Ray e penso que a Playstation3 tamén ten modo de alta definición.
    E as conexións claro que importa. Full HD necesita de HDMI 1.3 como mínimo para verse ben. Versions anteriores poden non dar feito.

Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.