Se es un posuidor dun iPod Shuffle de Segunda Xeración, é dicir, dos máis novos, estás de noraboa.
Presentamos hoxe o Cuby, da marca xaponesa Princeton, que non é máis que un pequeno altofalante, alimentado por 3 baterías AA, que son innecesarias cando o temos conectado ao PC transferindo arquivos ao iPod, pois aproveita a enerxía que transmite o porto USB, algo que é realmente bo.
O Princeton Cuby, que mide 49x49x59 milímetros, algo realmente pequeno, e pesa 95 gramos vai sair ao mercado o vindeiro mes de Xulio en Xapón a un prezo, ao cambio, duns 30€.
Vía: IpodTotal
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario