01 Jun
Escrito por Il na categoría Fotografía, Linux, Vídeo
Non sabemos que terán os móbiles do futuro, e cada vez é máis improbable adiviñar como serán, xa que cada vez teñen máis funcionalidades. A última funcionalidade é a de proxector, que ven da man da empresa Microvision. O Microvision PicoP é un proxector para móbiles. O seu tamaño é de 7 mm polo que o noso móbil non sufrirá un cambio drástico no seu tamaño. Non é un trebello de por sí que poidamos mercar e enchufar ao noso móbil, senón que é un chip e unha lente que a empresa Microvision desenvolveu para ser integrada nos móbiles, pero aínda non hai ningun fabricante de móbiles que anunciara que o vai implantar. Aínda así, a idea de proxectores
nos móbiles pode ser boa, ademáis se teñen unha resolución WVGA (854 x 480 píxeles) con formato 16:9 e calidade DVD, non están mal. Normalmente as fotos e videos que sacamos co noso teléfono móbil son para ensinar e compartir cos amigos, que mellor forma que cun proxector? Tamén, este proxector, pode ser a solución para as persoas maiores con mala vista ou para poder ler textos e xogar a videoxogos con comodidade. Visto en Xataka. Máis información: Páxina oficial.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario