Hoxe, 25 de maio, celébrase o Día do Orgullo Friki e dende Trebellos.org non podíamos deixar pasar a ocasión sen apresentarvos hoxe un dos gadgets máis frikis. Trátase do DVD Rewinder.
E para que sirve o DVD Rewinder? Pois para rebobinar DVDs. Si, así de simple.
Quen nunca colleu un DVD nun videoclub e non estaba rebobinado? Agora xa non terás que pasar a ardua tarefa de rebobina-los xa que este trebello o fai automáticamente. Só tes que poñer o DVD enriba e dárlle ao botón.
Por suposto isto é unha broma, pero por algo menos de 15 euros podes conseguir este trebello que non sirve absolutamente para nada, xa que como saberedes os DVDs non se rebobinan.
Este trebello non ten ningunha función especial, salvo a de sentirte máis friki xa que simplemente é iso, un trebello friki que non sirve para nada. O mellor de todo é que este trebello existe de verdade, por iso esta considerado como un dos trebellos máis frikis.
Feliz Día do Orgullo Friki!
Máis información: DVD Rewinder.
Máis información: Día do Orgullo Friki.
Un Comentario
Alvaro
25 de May de 2007 ás 11:02
1Estou orgulloso de ser friki
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario