Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Lector SD para Ipod, iWay

IwayChega un novo trebello para os iPods. Iway e un accesorio para o reproductor de apple, que conectado a él permite descargar o contido dunha tarxeta de memoria SD no disco duro do iPod. De momento funciona só co iPod de quinta xeración e permitenos almacenar mais de 40000 fotos nel para visualizalas no seu LCD ou como medio de almacenaxe temporal. Moi util se vas de viaxe unha longa tempada, e coma min, tes o dedo rapido ao disparar. Botase en falla compatibilidade con outras tarxetas, coma Compact Flash, se ben existen outros dispositivos con disco duro incorporado que fan a mesma función. O iWay custa 69.95 $ e de momento só está a venta nos E.U.A. ou por internet. Via Apple Weblog.


Publicidade

Comentarios