Vai pouco falamos do novo e revolucionario GPS en 3 dimensións que a empresa galega Blusens vai sacar ao mercado. Como é costume en Blusens este trebello será o primeiro nas súas características a nivel mundial. Xa avanzamos no anterior post que este trebello sairá a finais de ano e que terá imaxes en 3D, agora dende Trebellos sabemos, grazas a unha charla que deu un responsable de Blusens na USC, que efectivamente sairá a finais de ano e que a encargada de facer o software é unha empresa finlandesa. Pero, o realmente novo e revolucionario é que as imaxes en 3D son imaxes reais, sacadas cun avión. Parece que a mesma empresa finlandesa é a encargada de fotografar toda a superficie europea dende un ángulo oblicuo para que os edificios teñan apariencia 3D. Na charla mostraron un video demostración do trebello, que eu mesmo puiden ver, e no que realmente podía apreciarse que as imaxes que saían eran fotos reais das rúas, con edificios reais e superposto o nome das rúas, a ruta que estamos a seguir, etc. Parece que esos erros nos mapas dos GPS que cando te din que xires á esquerda, pero na esquerda hai un edificio xa remataron.
2 Comentarios
manu
26 de April de 2007 ás 23:01
1wauu que pasada, a ver se publican o vÃdeo
GPS con imaxes reais de blusens | Trebellos
25 de September de 2007 ás 14:07
2[…] novidades son a saÃda do video que comentabamos xa neste post e a información de que ven cun disco de 40gbs […]
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios