Xa está no mercado o novo reproductor portatil de Blusens, o P-16. O trebello esconde en menos de 50 gramos as funcionalidades típicas destes dispositivos coma a reproducción de audio, video, fotos e demais contidos na súa pantalla de 1,8″. Ademais, ven cun altofalante para poder escoitalo sen auriculares. As capacidades anunciadas serán de 1, 2 e 4 Gb ademais de contar cunha ranura para unha tarxeta SD. A navegación polos menús e moi intuitiva ó realizarse mediante iconos. Unha das carácterísticas mais novidosas deste reprodutor é a existencia dunha entrada de liña que permite grabar dunha fonte de audio externa, sen perda de calidade. Os creadores do trebello inclúen adaptador de corrente, batería de litio, auriculares estéreo, fío USB, manual de usuario e software conversor de MPEG a un prezo moi axustado, 59 euros. Visto en Codigo Cero
Mais información: Páxina do
produto.
9 Comentarios
An
11 de April de 2007 ás 19:26
1o meu caeu o chan e …bueno no pasou a mellor vida pero…quedou un poco tocado na pantalla 😛
Jaime Nóvoa
11 de April de 2007 ás 20:02
2Sen probar o P-16 a verdade e que parece que o prezo está moi por debaixo das prestacións teóricas do trebello, pero:
¿Sacando só versións cunha capacidade máxima de 4 GB non deixan de lado un mercado moi importante?
Por certo, nunca entederei o de meter alfotalantes en reproductores MP3.
Seve
11 de April de 2007 ás 22:07
3Sinto o do teu trebello An… contanos ¿que tal furrula?
Efectivamente, semella moi barato Xaime.
Eu entendo o dos altofalantes, ás veces quereslle amosar a alguen unha canción ou un intre e teslle que pasar os auriculares. Para min serÃa moi comodo.
Según entendo, a capacidade máxima é de 4 Gb porque son as memorias flash mais baratas. Memorias flash de mais capacidade, son modernas e moi caras. De todolos xeitos, este non é un trebello para os mais esixentes se non unha punto de entrada.
Jaime Nóvoa
11 de April de 2007 ás 22:48
4Tes razón, o feito de que sexa flash e non un disco duro propiamente dito permite que sexa tan barato e tamén tan limitado en capacidade.
O que pasa é que as capacidades de todos os MP3 de Blusens atópanse nesos números, e quizáis hai un grupo de consumidores que teñen otras preferencias ou que buscan outras posibilidades e que non se “senten identificados” cos seus productos.
Suevo
14 de April de 2007 ás 21:57
5O aparato ten boa pinta e un prezo moi axustado pero ten un fallo: o tema do video, un trebello destes se non reproduce videos en formato MPEG4 (DivX, XviD, WMV, OGM) ou MPEG2 queda ao final só pra escoitar música. Quen se pon a convertir ás pelÃculas ou videos a ese formato “SMV” que emprega? penso que ninguén
Saudos e adiante!
Andrés Milleiro
14 de April de 2007 ás 22:30
6Home Suevo…igual que os que nos poñÃamos a comprimir video a 3GP pra velo no móbil…non sei, eu persoalmente agora co N70 creo que xa podo ver DivX nativo, pero co anterior teléfono teño comprimido pelÃculas enteiras a .3GP…
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios
Trebellos funciona con WordPress - BloggingPro tema orixinal deseñado por: DesignDisease e adaptado por Andrés Milleiro