05 Apr
Escrito por Juan Milleiro na categoría En galego, Linux, Novas
Vense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas Pequenas e medianas empresas). Este sistema operativo 100% libre e en galego trae de serie un conxunto de aplicacions pensadas para todo tipo de usos segundo da versión. Todas traen a suite ofimática OpenOffice 2.0, navegador web e un entorno completo en galego ademais de un instalador que fai automática a detección de hardware.
Trisguel e a versión mais avanzada da que dispoñen, e a que eles aconsellan para o escritorio doméstico. Ven de serie con Gnome 2.14 coma xestor de ventanas e un entorno lixeiro coma é IceWM. Ademais podese lanzar como sistema “live” sen instalación e trae mais de mil paquetes
preinstalados. A versión KDE chamase TrisKel, e está en fase Beta sendo a mais actual Triskel 1.0rc5. A versión PEME, trae de serie un conxunto de programas ofimáticos e de contabilidade para as necesidades dunha oficina e tamén se topa en fase Beta. Para correr esta distribución só fai falla un ordenador cun mínimo de 200 Mhz, 64 Mb de Ram e 3 Gb de disco duro, uns requisitos minimos moi axustados.
Este proxecto foi iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido na Facultade de Ciencias de Ourense e na Escola Superior de Informática de Ourense co apoio da Consellería de Innovación e Industria. Topase dispoñibel para descarga na súa paxina, e ademais veñen de repartir 1500 cedés en Xuventude Galiza Net´07 que de seguro axudará a súa difusión. Dende Trebellos queremos felicitar aos colaboradores no proxecto e animalos a seguir traballando pola difusión do software libre en galego.
Maás información e descargas | Páxina do proxecto Trisquel
7 Comentarios
Apa
15 de April de 2007 ás 19:11
1Sabedes porque non podo conectar coa páxina de trisquel para descargalo, levo semanas intentándo?
Andrés Milleiro
15 de April de 2007 ás 19:15
2Apa, pois non a verdade…é un proxecto completamente aparte de Trebellos. Podes probar a contactar coa Universidade de Vigo ou tentar atopar Trisquel vÃa P2P, sÃntoo.
Andrés
20 de April de 2007 ás 13:04
3Son un dos que ten un dos 1.500 CD’s que repartiron no Xuventude Galiza Net’07 pero querÃa facerme coa versión PEME para a xestión, por fin toda en galego, dunha entidade da que formo parte e levo varios dÃas tentando chegar á páxina de tisquel (por medio de enlaces de buscadores, directamente, dende a páxina da uvigo,…) pero non hai xeito. Alguén sabe cómo podo facer para conseguir a versión PEME.
Neeno
24 de April de 2007 ás 0:53
4http://trisquel.uvigo.es/
apa
24 de April de 2007 ás 21:14
5Por fin está accesible o servidor de trisquel, grazas Neeno
http://trisquel.uvigo.es/
An
2 de February de 2008 ás 17:16
6E é tan sinxelo como o ubuntu?¿
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios
Trebellos funciona con WordPress - BloggingPro tema orixinal deseñado por: DesignDisease e adaptado por Andrés Milleiro