04 Apr
Escrito por Juan Milleiro na categoría Guías pra mercar, Son
Comezamos a primeira das guías pra mercar que faremos en Trebellos. Neste intre vou falar dunha das miñas maiores pasións, os auriculares. Moitos dos reproductores MP3 que mercamos teñen unha boa acústica pero que se ve moi mermada pola baixa calidade dos auriculares a través do cal escoitamos a música, polo cal os auriculares e a conexión que teñan vai ser un elemento fundamental cara a ter unha boa calidade de son e non está de máis gastar un pouco máis de cartos nuns bos auriculares. Nesta primeira entrega comezarei falando do tipo de auriculares que eu uso, os auriculares portátiles, os “de toda a vida”, que tan de moda se voltaron a pór dun tempo a esta parte e que, na miña opinión, mellor calidade de son ofrecen pese a ter o inconvinte do seu tamaño. Sennheiser PX-100.Pra moitos amantes dos auriculares son os mellores auriculares que se poden atopar agora no mercado dos auriculares pra reproductores de MP3. Son os auriculares que uso eu case sempre e se poden plegar dun xeito semellante a unhas gafas, o
que fai que non ocupen demasiado espazo. A calidade de son que ofrecen é incríbel, cun son algo potenciado nas frecuenzas baixas. Sennheiser é unha marca moi coñecida polos profesionais do son, e que se dedica sobre todo aos micrófonos e aos auriculares, polo que é unha marca con ampla tradición e ampla aceptación entre os profesionais do son, algo que tamén se pode notar no prezo, mais non é excesivo e, na miña opinión, teñen unha moi boa relación calidade-prezo. Os Koss Portapro eran posíbelmente os mellores ata que chegou o anterior modelo (estes Koss foron creados nos anos 80), o Sennheiser PX-100. Neste modelo eu destacaría cómo destacan incríbelmente os graves, penso que algo fóra do común nos auriculares, e que cicais desagrade aos amantes do son por non ser un son demasiado neutral. Eu persoalmente xa non os uso tanto, pois son algo aparatosos para transportar, e non se plegan tan ben coma os Sennheiser PX-100. Diría tamén que en Europa é un modelo algo difícil de localizar, mais se pode atopar perfectamente por Internet. De feito, eu os merquei en Amazon, onde están por 40$. Máis información: Lista de correo en Google sobre auriculares Máis información: Distribuidor de Sennheiser en España
2 Comentarios
dorfun
9 de April de 2007 ás 12:34
1…o futuro son os auriculares sen cables (bluetooth?), non?
Andrés Milleiro
9 de April de 2007 ás 12:37
2Dorfun, creo que o xa o son agora…o problema é compensar a balanza “comodidade-calidade do son”, polo que, neste intre e, penso que ata dentro de moito, se un quere ter moi boa calidade de son debe optar por uns auriculares con cable…
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario
Seccións
Arquivos
Autores
Ligazóns
Trebellos
Empresas galegas
Consolas
Últimos comentarios