Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

SonyDrive presentado esta semana

Sony Drive

Se te preguntamos qué é o SonyDrive, que nos respostarías, ¿un revolucionario disco duro? ¿unha gravadora de dvd con disco duro incluído? ¿nada diso?

Sony, ao máis puro estilo de Apple, deixou caer o nome de SonyDrive como un producto que se vai presentar esta semana e que vai revolucionar o mercado, veremos que é finalmente.

Vía: CrunchGear


Sony Walkman E010, mp3 con cristais de Swarovski

Sony Walkman E010

É un pequeno capricho, mais tamén dicir que son bonitos. Falamos dos novos mp3 de Sony, os Walkman E010, que destacan por ter incrustacións de cristais Swarovski.

O prezo, pese a todo non é excesivo:

  • 1Gb por 128 dólares.
  • 2Gb por 150 dólares.
  • 4Gb por 200 dólares.

Están á venda como podedes ver en azul, dourado, rosa, lila e negro; ofrecen autonomía de 30 horas.

Vía: Xataka


Sony Rolly, revolucionario robot musical

Sony Rolly

Xa sabíamos da existencia do Sony Rolly dende hai algún tempo, pero ata o de agora non se coñecía ningunha das súas características. Agora sabemos que o aparello pode funcionar ben como reprodutor MP3 ou como sistema de altofalantes inarámicos.

Como reprodutor MP3 autónomo, dispón dunha memoria de 1Gb, na que se pode almacenar música que o trebello se encargará de reproducir aleatoriamente grazas ós seus altofalantes integrados. Para cambiar de canción ou subirlle o volume é necesario xirar unha parte do robot, porque carece de botóns.

Como comentaba, o Rolly tamén pode servir para ter uns altofalantes inarámicos, xa que grazas a que incorpora a tecnoloxía Bluetooth pódese conectar cun ordenador.

Cando reproduce música, móvese e pode facer coreografías, configurables dende o PC e tamén dispoñibles en internet.

O trebello poñerase á venda en Xapón o 29 deste mesmo mes a un prezo de 350 dólares.

Vía: Xataka


Sony α700, aposta interesante de Sony polas DSLR

Sony a700

Sony ven de presentar unha nova cámara DSLR, a α700, unha cámara bastante interesante para quen queira profundizar nas réflex.
A cámara da que falamos ten un sensor CMOS Exmor™ de 12.24 megapíxeis, un corpo de magnesio e aleación de aluminio refozado, unha pantalla LCD de 3″”, AF de 11 puntos, posibilidade de tirar fotos a 5FPs, e posibilidade de almacear fotos tanto en Compact Flash como en Memory Stick.

Ademais, como soe ser normal en Sony, ten unha saída HDMI de Alta Definición, pra poder ver as fotos nun ordenador ou televisor compatíbel.Outra das cousas polas que destaca este trebello é por ter un sensor Exmor™, que grazas ao motor de procesamento BIONZ de gran velocidade permite reducir o ruido nas fotos sen procesar antes da codificación.

Esta cámara se venderá a partir de Outubro a aproximadamente 1200 dólares (só o corpo), en sonystyle.com e en distribuidores autorizados.


Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posíbel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes días.

Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posíbelmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii.

Vía: TechDigest


Levi’s The Original, o primeiro da compañía

Levis Phone

Cada vez o negocio da telefonía móbil é máis grande e iso nótase en que cada vez hai máis marcas que entran nese ámbito, como Levis agora, que ven de presentar o seu primeiro teléfono, chamado The Original, o mesmo nome que a súa última colección.

O teléfono, cun deseño semellante aos Sony-Ericsson, conta con cámara de 2 MegaPíxeis, pantalla de 1.8 pulgadas, bluetooth, reproductor de MP3 e slot pra tarxetas de memoria microSD. Ademais, saiu ao mercado en versión pra home e muller: pra eles, cun acabado metálico en negro, marrón ou plateado e pra ela, cun pulido rematado en espello e plata.

Como era de agardar, un teléfono así, somentes pola marca, non vai ser barato; seu prezo ronda os 500 euros.

Máis información: Anuncio do terminal
Máis información: Sitio oficial


PSP Slim & Lite, dende hoxe á venda

PSP Slim & Lite

Despois de que se anunciara xa hai uns meses, hoxe sae á venda en todo o continente europeo a PSP Slim & Lite, o redeseño da consola portátil de Sony.

O trebello estará dispoñible nas dúas cores que xa existían no anterior modelo e incorpórase unha nova, o gris brillante. Ademáis, Sony oferta para a zona SCEE dous packs de edición limitada: Spider-Man en negro e vermello e The Simpsons en amarelo. Estes dous últimos packs veñen cos xogos Spider-Man 3 e The Simpsons respectivamente.

Ademáis da reducción de grosor do 19% e dun 33% de peso, esta nova versión inclúe saída de video para poder disfrutar na televisión da reprodución de películas en UMD ou dos xogos, maior memoria interna para reducir o tempo de carga dos xogos e a posibilidade de recargar a consola conectándoa mediante USB á PS3 ou a un ordenador.

Á venda por 169,95€ en centros comerciais e tendas de videoxogos.

Máis información: Sony PlayStation


Sony SRS-ZX1, altofalantes de deseño

SONY SRS-ZX1

Sony ven de presentar uns altofalantes interesantes, pois o sonido se presenta como bastante bo grazas ao chamado “conducto Mobius”, grazas ao cal podemos ter sons de baixa frecuencia e boa calidade.

Pero, segundo a marca nipona, que teña bo son non quita que poidan ser pequenos, pois neste caso só miden 80×187x169mm, cunha potencia de 20×2 watios. Sairán ao mercado a finais de Outubro no Xapón por 312 euros, ao cambio.

Vía: Engadget ES


Novos Sony Vaio, feitos para elas

Sony Vaio

Sony ven de presentar os novos Vaio Type C especialmente feitos para a muller e dispoñíbeis en catro cores: rosa, vermello, azul e branco.

Estas máquinas incorporan un monitor WXGA de 14 pulgadas, posibilidade de escoller procesador entre un Celeron ou un Core 2 Duo T7250, tarxeta gráfica Radeon X2300. E, por favor, aparte do tema das cores, non nos preguntedes en que pensaba Sony pra dicir que estaba feito pra as donas.

Vía: Akibahara News


Sony Cyber-Shot DSC-H3, 8 Megapíxeles e Zoom de 10x

Sony Cyber-shot DSC-H3

Se ben estes días o mundo da fotografía anda revolucionado pola saída das novas cámaras de Canon, o xigante Sony non se queda atrás e saca algún modelo interesante pra o público.

A nova Cyber-Shot DSC-H3 trae un sensor de 8 Megapíxeles, un moi bo zoom óptico Carl Zeiss de 10x, unha sensibilidade ISO de ata 3200 e, como soe estar sucedendo cos últimos lanzamentos de esta marca, a posibilidade de sacar as fotos a un monitor de 1080p coa alta definición, mercando o cable da compañía, que custa sobre 30 euros.

Esta cámara ten un prezo de saída de 300 dólares
, que non está moi mal pra a lente que trae e o bo zoom, á venda a partir de hoxe nos Estados Unidos.

Vía: Akihabara News


Posteriores entradas »