Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Novo Macbook Air, o ultraportábel de Apple

Macbook Air

E ao fin chegou o tan rumoreado ultraportábel de Apple, o novo Macbook Air, que resulta ser o portátil máis fino do mundo. As características:

  • Pantalla panorámica de 13.3 pulgadas de LEDS.
  • Tegrado retroiluminado e QWERTY completo.
  • Webcam iSight integrada.
  • Trackpad multitáctil co que facer xestos para controlar aplicacións, ao igual que no iPhone ou iPod Touch.
  • Procesadores Intel Core 2 Duo a 1.6 e RAM de 2Gb. Hai posibilidade de procesador a 1.8Ghz.
  • Disco duro de 1.8 pulgadas con capacidade de 80Gb. Hai posibilidade de disco SSD de 64Gb.
  • 1 porto USB, non ten saída Ethernet, saída DVI, Wifi 802.11n e Bluetooth 2.1
  • Non ten unidade de CD e DVD, véndese externa opcionalmente por 99 dólares.
  • Todo isto, por 1799 dólares de partida, uns 1200 euros se o traemos de USA ou 1799 euros se o mercamos eiquí…

Páxina Oficial | Macbook Air


Optimus Maximus, agora con máis configuracións

Optimus Maximus

O Optimus Maximus, un teclado con pantallas OLED a cor en cada unha das súas teclas do que xa vos falamos en Trebellos hai algún tempo estará dispoñible en novas configuracións. O prezo do teclado completo, 113 teclas con cadansúa pantalla, rondará os 1256 €. As novas versións do teclado terán un menor número de pantallas, e polo tanto unha redución considerable no seu prezo. Así a versión máis barata do teclado, con pantalla só na barra espaciadora, custará uns 371 €; a media, con dez pantallas na súa parte lateral esquerda, terá un prezo de 481 € e a máis alta, con 47 pantallas correspondentes ao teclado alfanumérico, rondará os 803 €.

Visto en: Engadget
Máis información: Art. Lebedev


Amosa os teus trebellos: Micro Computer Game

Micro Computer Game
Micro Computer Game, un trebello de Xel (http://chiringhitoblog.blogspot.com/)

Este Micro Computer Game (tal que dí nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei.

Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada.
O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior.

En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto
(8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a típica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altísimo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro.

Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben
. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, típica.

Fotos: 1, 2.
Amosa os teus trebellos!


Proxector para teléfonos móvis

proxector

Xa vai un tempo desde que se comezou a falar de esta tecnoloxía, pero é agora cando saíu o primeiro prototipo. Este proxecto levao Texas Instruments por encargo de Motorola.

Este primer prototipo utiliza rayos láser como fonte de luz para crear a imaxe aínda que se rumorea que o definitivo usará tecnoloxía led. Polo momento non ten nin calidade nin brillo suficientes como para non deixarnos a vista intentando ver as imaxes.

Pulsade aquí para ver un video demostrativo do seu funcionamento co filme robots.

Visto en: Gizmologia


Revelados procesadores dos novos Macbook Pro

Apple xa debe de estar a pensar nunha nova gama dos seus potentes portátiles MacBook Pro, pois se filtrou a seguinte tabla co que serían os novos procesadores que teña a nova gama:
novos chips dos macbook

Paul Otellini, CEO de Intel xa ven comentando acerca dos novos procesadores chamados “Penryn”, que son como os Santa Rosa que hoxe existen mais co tamaño de 45 nanometros en vez dos 65 actuais, ademais de ofrecer un menor quentamento e diversas melloras.

Dende Intel, coméntase que esta gama de procesadores sairá en Xaneiro do ano que ven, polo que haberá que agardar novos Macbook Pro unha vez rematado o Nadal…

Vía: Appleinsider


Philips Power2Go, batería onde precises

Power2Go

Philips segue hoxe presentando cousas e entre elas queremos destacar este útil trebello. O que aparentemente é un cargador por USB ten incorporada unha batería, polo que podemos seguir tendo alimentación aínda que estemos lonxe do enchufe.

Segundo a marca, cunha soa carga poderemos ter ata 60 horas de batería pra os nosos trebellos. O que vedes na imxe é o SCE7640, o maís alto desta categoría, que nos proporciona enerxía de ata 20V. Ademais é compatíbel con ordenadores portátis e ven como podedes ver cun indicador en LED pra o estado da batería.

Sairá en Europa a finais de ano, no intre ideal pra que as panxoliñas non deixen de soar e soar. Preparádevos.

Máis información: Nota de prensa


UMINE, o trebello do relax

UMINECanso? Un día duro? Precisas relaxación? Este trebello é o que buscas.

A empresa xaponesa Takara Tomy creou o Healing Theatre Umine, unha especie de lámpada LED que proxecta imaxes relaxantes acompañadas dunha música tamén relaxadora.

Metémonos en cama ou tumbámonos no sofa, apagamos as luces e encendemos o Umine, deseguido o teito transformarase nun oceano, nunha praia paradisiaca, poderemos ver golfiños ou, por exemplo, tamén poderemos ver un relaxante bosque verde. Todo isto acompañado dunha música relaxante que fará perfecto o noso ambiente. Pero, se o desexamos podemos conectar ao Umine o noso reprodutor mp3 e utilizar as cancións que nos quieramos (por exemplo, o noso disco favorito de chill-out).

Por aproximadamente 60 euros (84$), quen se resiste a este trebello?

Umine

Visto en Gizmología.
Máis información: HimeyaShop.
Máis información: Takara Tomy.


Shanling MC-30, amplificador de válvulas pra o iPod

Shanling MC30

O Shanling MC-30 Music Center é un dock onde podemos facer soar o noso iPod mais coa funcionalidade extra de ter incluído un amplificador de válvulas.

O amplificador ten unha carcasa de aluminio con luces LED que faino bastante atractivo, mais non é apto pra tódolos bolsillos, pois a grande calidade dos amplificadores deste tipo se paga ben, neste caso ao redor de 1.000 dólares.

O Shanling MC-30 Music Center ademais ten un reproductor pra CD, radio AM/FM e 3 watts de potencia por canle.

Visto en: Digital Drops
Máis información: Sitio oficial


Sae á venda a Fonera+

Fonera+

Segundo lemos nesta entrada no blogue de Martín Varsavsky, iso que vedes é a nova versión de La Fonera, o router social da xente de Fon.

Segundo contan, principalmente trae un porto Ethernet LAN máis para que, ademais de conectala ao noso módem, poidamos conectarlle outro PC ou un trebello por cable. Tamén introducen un novo LED no frontal que nos indicará se temos a alguén conectado na nosa rede FON.

A Fonera+ xa está á venda na Tenda Fon por 43 euros, mais agardamos que nalgún intre fagan algunha promoción pra conseguila dun xeito máis económico.

Máis información: Martín Varsavsky
Máis información: Revisión de La Fonera en Trebellos
Máis información: Revisión de La Fontenna en Trebellos


Novos MacBook Pro con tecnoloxía LED e Santa Rosa

mbp
Apple ven de presentar o seu tope de gama en ordenadores portatiles:os novos MacBook Pro con mais RAM e novas pantallas e procesadores. Todolos modelos poden montar agora ata 4 Gb de RAM e levan os novos procesadores de Intel, Santa Rosa, que son mais rápidos e consumen menos. Ademais agora levan tarxetas gráficas Nvidia en lugar de ATI.

Os modelos coa pantalla pequena traerán as tan esperadas pantallas de retroiluminación por LED que consumen menos e o modelo de 17″ estrea resolución ata 1920×1200(opcional) o que significa un tremendo pantallón. Estas melloras suponse que alongará a vida da batería ata as 5 horas e media.

Un bo repaso ó buque insignia dos portátiles de Apple que supón tamén unha rebaixa de prezo, dende os 1849 € do modelo básico, 2299 € do potente e 2599 € do de 17″.

Mais información : MacBook Pro na Apple Store


Posteriores entradas »