Retiran anuncios da Wii pola alta demanda

E tranquilos, que non foi aquí. No Reuno Unido concretamente retiraron os anuncios da Nintendo Wii debido a que nas tendas non teñen case stock e é probábel que non teñan máis ata despois de Ano novo.
Por tanto, éxito completo da Wii. ¿E por estes lares? Pois en principio España é o unico mercado do mundo xunto a Xapón onde a Playstation se vende máis que a Wii, pese a que a consola de Nintendo está a medrar moito en ventas.
¿E ti, mercaches algunha consola para este Nadal? ¿Cal?



Hai uns días 
Si eres dos que estás farto de cargar con tantos cargadores como trebellos uses, para ti foi creado este dispositivo definitivo. Tratase dun cargador que se adapta a calquer tipo de dispositivo como mobiles, mp3´s, GPS, consolas, PDA´s, etc… Idapt e un cargador universal que nos permitirá non ter que cargar co cargador específico de cada trebello. Funciona cun método de clavixas intercambiables por marcas, e permite cargar ata dous dispositivos a un tempo na súa base. Pesa pouco mais de 200 grs, sen dubida unha opción interesante para cargar menos a nosa equipaxe.
Estes días se di na rede que a recente rebaixa de prezo da Xbox 360 se debe a que se queren desfacer das unidades existentes pra así presentar unhas novas consolas, con mellores prestacións.