E tamén… novo iPod Touch

Outro rumor que se converte en realidade. Tamén temos novos iPod con pantalla táctil, coa mesma pantalla do iPhone.
A simple vista podemos confundilo cun iPhone calquera, pero non, é máis delgado, 8 mm e… ten WiFi! Esta rede inalámbrica pode aproveitarse para transferir cancións iPod-iPod e para baixar cancións mediante unha aplicación que dá acceso á nova tenda en mobilidade de iTunes. A diferenza do iPhone, o iPod Touch ten conexión para auriculares, pero non leva altofalantes integrados.
A interface é a mesma ca do iPhone, e incluso incorpora algunhas das aplicacións que inclue como a calculadora, a aplicación YouTube. Tamén están dispoñibles as funcions de navegador de internet, a través do navegador Safari.
Dispoñible en dúas capacidades: 8Gb a 300 dólares e 16Gb a 400 dólares. Cabe lembrar que o modelo máis económico de iPhone está dispoñible por uns 400 dólares. A duración da batería é realmente excepcional: 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video.

[…] Sinceramente, mala táctica a de poñer ao mesmo prezo o iPhone de 8Gb que o iPod Touch de 16Gb. Seguiremos informando. Máis novas sobre: Apple, Novas […]
[…] O outro día xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe é outra réplica do ipod touch. […]