Trebellos || Gadgets en galego

Este Micro Computer Game (tal que dí­ nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei. Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada. O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior. En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto (8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a tí­pica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altí­simo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro. Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, tí­pica.

Fotos: 1, 2. Amosa os teus trebellos!

Bolso Solar, recarga os teus gadgets

bolsolarA empresa xermana Solarc está desenvolvendo unha mochila con capacidade de aproveitala enerxia solar para carga-las nosas baterí­as. O bolso solar leva un módulo fotovoltaico que fai posible a recarga dun acumulador que alimentará as baterias dos nosos trebellos en caso de apuro. Ten unha potencia de 1 W e un voltaxe de saida de 5V (para USB) ou 6V (para mobiles). E preguntome eu… se todas as fundas de portatiles tiveran un módulo solar coma este ¿canta enerxí­a se poderí­a aforrar?. Visto en Diario del viajero Mais información : Solarc

NDS bateria

Se tes unha unha Nintendo DS Lite e tes medo de que nas vacacións se che agote a baterí­a e non poidas xogar, non te preocupes, este trebello ten a solución.

O Battery Pack para a Nintendo DS permite obter 40 horas de baterí­a adicionais, o que o fai casi un trebello indispensáble para os teus viaxes se é que tes unha Nintendo DS. O trebello engánchase debaixo da baterí­a portátil e funciona con pilas AAA. Pódese mercar en España en tendas on-line e o seu prezo é algo menor aos 15 euros.

Cal é a pega? Que esta expansión da baterí­a fará que a túa Nintendo DS sexa o dobre de grande e se cadra algo incómoda, pero se tes que viaxar e serache difí­cil atopar un cargador, esta é unha boa solución.

Visto en
íœbergizmo.
Máis información:
Búsqueda en Google.

Botella-lámpara solar

Un trebello que agradará a máis dun sedento noctámbulo. Ou aos campistas que queiran optimizar recursos. Un pequeno panel solar recarga durante o dia a bateria, permitindolle varias horas de luz. O mellor é máis sinxelo: poderemos beber a escuras.

Cunha capacidade de 1 litro, pode ser o noso complemento imprescindible nesas longas noites de inverno. Ainda que, ben pensado, poderianselle dar outros usos…

Máis información: Firebox.com

Bicis eléctricas

bicicleta electricaEntre os moitos trebellos que acumulamos ao noso redor, é raro que pensemos nunha bicicleta coma un deles. Pero esta que vos amosamos hoxe ten ese componente gadget que nos fai botarlle máis que un ollo. E non só por tecnolóxica, senon por ser unha opción a considerar para os que vivimos en cidades pequenas, e quixeramos deixar de tirar do coche en busca de aparcamento.

Trátase dunha gama de bicicletas eléctricas que incluen unha bateria extraible que se pode cargar na casa, en calquera enchufe normal, polo que non teremos que achegar a bicicleta ata o lugar de recarga.

Entre os puntos máis favorables, unha autonomí­a de case 100Km, e unha gama de deseños para tódolos gustos. Pola parte do negativo, sen dúbida o prezo: o modelo máis económico situase por riba dos 1000 euros. Haberá que pensar no moito que imos aforrar en coche…

Máis información: Schwinn Bikes.

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios