Trebellos || Gadgets en galego

HP Blackbird 002, ordenador para xogos

HP Blackbird 002

Ademáis do evento Apple de onte, do que xa vos mantivemos informados en Trebellos, onte HP fixo unha presentación de novos produtos.

Da presentación, o que máis chamou a atención foi o novo ordenador HP Blackbird 002, destinado a fanáticos dos xogos. Destaca polo seu deseño, que ademáis de que incorpora un revolucionario sistema de refrixeración, non precisa de ferramentas para desmontalo ou para cambiarlle algúns dos seus compoñentes. Para alimentar perfectamente a tódolos compoñentes e periféricos, leva instalada unha potente fonte de alimentación.

Estará dispoñible en diferentes configuracións tanto de procesadores (AMD X2 Dual Core e Intel Core 2 Extreme ou Duo), como de memoria (dende 1Gb ata 8Gb) ou de tarxetas gráficas (NVidia GeForce ou ATI Radeon). Tamén se poderá escoller a capacidade do disco duro e outros parámetros como a tarxeta de son. O fabricante tamén anunciou que se lle poderá facer overclocking sen problemas.

O pc leva preinstalado Windows Vista e algunhas aplicacións como o Office, e o DVDPlay.

Dispoñible a partir do 15 de setembro.

Máis información: HP Blackbird

Philips Power2Go, baterí­a onde precises

Power2Go

Philips segue hoxe presentando cousas e entre elas queremos destacar este útil trebello. O que aparentemente é un cargador por USB ten incorporada unha baterí­a, polo que podemos seguir tendo alimentación aí­nda que estemos lonxe do enchufe. Segundo a marca, cunha soa carga poderemos ter ata 60 horas de baterí­a pra os nosos trebellos. O que vedes na imxe é o SCE7640, o maí­s alto desta categorí­a, que nos proporciona enerxí­a de ata 20V. Ademais é compatí­bel con ordenadores portátis e ven como podedes ver cun indicador en LED pra o estado da baterí­a. Sairá en Europa a finais de ano, no intre ideal pra que as panxoliñas non deixen de soar e soar. Preparádevos. Máis información: Nota de prensa

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios