Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Samsung SGH-i780

sgh-i780

Recentemente desvelouse o novo smartphone de samsung, a continuación detallamos as súas características principais.

Terminal con dimensións 115.9 x 61.3 x 13.3 mm, pantalla táctil de 2.55” con resolución de 320 x 320 px e cursor de rato, teclado QWERTY, soporte UMTS/HSDPA 2,1 GHz, cámara principal de 2 megapixeles e secundaria para facer videochamadas con calidade vga, conectividade bluetooth, wifi b/g, soporte pushmail, navegador gps e ranura para tarxetas microSD. Utiliza o sistema operativo Windows Mobile 6 Profesional.

Aínda non se sabe a data de saída ó mercado nin o prezo, pero si se sabe que sairá en Europa.

Podedes ver un video do smartphone en acción clickeando aquí.

Visto en: Xatakamovil


Canon EOS 40D, a finais de Agosto

Canon 40DXa comezan a verse fotos da nova Canon EOS40D, a cámara que viría a sustituir á antiga 30D e que supostamente sairía a finais de este mes de Agosto.

Como características principais, se comentan:

  • 10.1 megapíxeis de resolución.
  • Unha pantalla LCD de 2.5 pulgadas.
  • Un sistema de eliminación do lixo no sensor por ultrasons.
  • Un sistema de enfoque de 9 puntos.
  • A posibilidade de multidisparo a 5 fps.
  • Ranura pra tarxetas Compact Flash.

Máis información: Northlight Images


Guia pra mercar televisor (I): Elección do tamaño

televisoresImoslle dar un repaso ás distintas opcións que temos pra mercar televisores de calquer tamaño.

A elección do tamaño decidirá o tipo de tecnoloxía que empregará o televisor. Para espazos pequenos coma un cuarto ou unha cociña, os televisores CRT de 14″ adoitan ser unha boa opcion polo seu prezo axustado dende 90€ , xa que os televisores LCD de 15″ están sobre 240€.

Se o que buscamos e unha pantalla mais grande para colocar no salón debemos ter en conta a distancia dende donde visionamos. Podense suxerir 37″ dende 2.5 m e 42″ dende 3 m como referencias, pero a raiña do mercado e sin dubida a pantalla de 32″. Tendo en conta que os televisores de plasma comenzan en 40″, se escollemos tamaños menores xa sabemos a tecnoloxía que empregará a nosa tele: LCD.

Segue lendo »


Nova Sony Cyber-shot DSC-S800

SonyDSCS800A nova Sony Cyber-shot DSC-S800 acaba de sair ao mercado europeo. A principal novidade desta pequena camara dixital e a de contar cun zoom optico de ata 6 aumentos, o que convirte o seu obxetivo nun dos mais polivalentes do mercado. Esta camara abarca os rangos de focais dente 37 mm ata 222 mm, toda unha proeza para unha camara tan pequena. O resto da camara segue a filosofía marcada por Sony, dominada pola facilidade de uso e o seu gran LCD de 2.5″. O sensor empregado, de 8,1 Mpixels permite disparar ata 1250 ISO moi util en condicions de pouca luz. O almacenamento empregado e o propietario de Sony, e dicir, Memory Stick.

Ten moi boa pinta esta camara, ainda que sospeitamos que o seu prezo non será dos mais axustados da gama, coma a maioría dos productos Sony. A súa saida está anunciada para finais do mes de Maio, esperaremos ata entón para confirmar estas impresions.

Nota de prensa Sony Europa