A nova Sony Cyber-shot DSC-S800 acaba de sair ao mercado europeo. A principal novidade desta pequena camara dixital e a de contar cun zoom optico de ata 6 aumentos, o que convirte o seu obxetivo nun dos mais polivalentes do mercado. Esta camara abarca os rangos de focais dente 37 mm ata 222 mm, toda unha proeza para unha camara tan pequena. O resto da camara segue a filosofía marcada por Sony, dominada pola facilidade de uso e o seu gran LCD de 2.5″. O sensor empregado, de 8,1 Mpixels permite disparar ata 1250 ISO moi util en condicions de pouca luz. O almacenamento empregado e o propietario de Sony, e dicir, Memory Stick.
Ten moi boa pinta esta camara, ainda que sospeitamos que o seu prezo non será dos mais axustados da gama, coma a maioría dos productos Sony. A súa saida está anunciada para finais do mes de Maio, esperaremos ata entón para confirmar estas impresions.
Semente RSS dos comentarios de esta entrada · TrackBack URI
Deixa un comentario