Publicidade do iPhone en Alemaña

Non se sabe se cerá certo ou non, xa que Apple aí­nda non adiantou nada sobre o lanzamento do seu teléfono móbil no continente europeo, pero segundo un anuncio de T-Mobile, a compañí­a de telefoní­a móbil que probablemente se fixo cos dereitos de venda do iPhone en Alemaña, o trebello sairí­a á venda nese paí­s o 12 de novembro con mellores caracterí­sticas ca versión actual. De seren certas as caracterí­sticas publicadas, o iPhone terí­a unha capacidade de 16Gb (o dobre da versión actual) e o soporte de redes 3G/HSDPA e non EDGE. As tarifas, tamén dispoñibles no anuncio, serí­an bastante parecidas ás dispoñibles nos Estados Unidos, con diferenzas de 10, 20 e 30 euros respectivamente nos tres plans. De ser isto certo, para cando teremos confirmación ou anuncio dunha suposta nova versión por parte dos de Cupertino? Ví­a: CrunchGear