Trebellos || Gadgets en galego

Samsung Armani

Confirmase o lanzamento do teléfono elaborado por Armani e Samsung. Un duro competidor contra o lg prada e un máis contra o iphone.

armani phone

O modelo basase no samsung sgh-p520, a continuación as súas principais caracterí­sticas:

  • 88 x 54 x 8.9 mm de tamaño e 102 gramos de peso.
  • Pantalla de 2,6 pulgadas táctil que vibra levemente cando pulsamos un botón.
  • Cámara principal de 3Mpixeles
  • Memoria interna de 50Mbs ampliable mediante tarxetas microSD.
  • Conectividade bluetooth e wifi con soporte UMA (permite cambiar de redes GSM a wifi de maneira transparente).
  • Lector de documentos.
  • Duración da baterí­a de ata 3 horas en chamada e ata 9 dí­as en espera.
  • Estará dispoñible a partires de novembro por un precio que rondará os 400€ libre.

    Visto en: Xataka movil

    LG KU990, competindo co iPhone

    LG KU990

    O iPhone aí­nda non desembarcou no continente europeo, pero cando o faga vai ter uns moi duros competidores. Outro dos móbiles que vén pisando forte para desbancar ó famosí­simo trebello de Apple é o LG KU990, un móbil deseñado por LG que mellora en prestacións ó LG PRADA, dispoñible xa nalgúns paí­ses de Europa e Asia.

    O novo modelo de LG ten unha pantalla panorámica táctil de 3 polgadas, cámara de 5 megapí­xeles con auto focus e a posibilidade de gravación de video a 120 fps e soporte HSDPA.

    O trebello estará dispoñible no Reino Unido no outono con Vodafone.

    Ví­a: Engadget

      
    descarga o widget de trebellos.org

    Últimos comentarios