Trebellos || Gadgets en galego

Voltamos cos Trebellos

Somos conscentes do tempo que leva Trebellos sen actualizarse, e ese tempo non foi en balde, pensamos que merecedes unha explicación e aí­ tentaremos ofrecela.

O actual equipo redactor de Trebellos non somos capaces de afrontar o ritmo de publicación diario ou case diario que tiña o blogue ata o momento. Cuestións persoais afastábannos da tarefa principal no blogue, e porén a partir dagora Trebellos terá por un tempo resumos semanais cos novos trebellos que vaian saí­ndo ao mercado. Decidimos esta situación antes que pechar o blogue pola mágoa que nos darí­a executar esa acción.

Porén, seguimos a recalcar a necesidade de máis blogueiros para Trebellos, estamos abertos a calqueira participación se é con ganas de formar parte deste proxecto.
Atentamente,

O Equipo Redactor de Trebellos.org

¿Sabes de economí­a? íšnete

CartosDende a factorí­a de Blogueiros, de onde naceu e se plasmou a idea que hoxe é este blogue, Trebellos, estamos a traballar arreo nun segundo blogue.

Buscamos a xente que lle encante a economí­a, os proxectos de empresas dende o paí­s, os emprendedores e todo o seu mundo…¿Pensas que encaixas nese papel?

Se o pensas, non tes máis que mandar un correo a contacto-arroba-blogueiros.org indicando teu nome, por que deberí­as escribir no novo blogue e unha ou dúas entradas de exemplo, como se estiveses escribindo no novo blogue. Agardamos túas propostas…

Presentada a BlackBerry Curve

Blackberry CurveXa foi presentada a BlackBerry Curve, outro modelo máis de Blackberry, pero orientada moití­simo máis ao mercado do multimedia e, na miña opinión, dos blogueiros, penso que é un modelo ideal para aqueles que facemos fotos e as subimos a Flickr nun intre ou gostamos de escribir no blogue dende calqueira lugar. As súas caracterí­sticas principais son as seguintes:

Máis información: Blackberry

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios