Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple renova o iPhone e o iPod Touch

iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?

Vía | Applesfera


  1. yS o 5 de Febreiro de 2008

    > Tedes xa os agasallos mercados?

    Como se fora a comprar algo de apple, van listos :P

  2. Soul Club o 18 de Maio de 2008

    actualizade mais a miúdo, a tecnologia galega meréceo.

    Saudos

Publicidade

Comentarios