Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

O galego nos móbiles, a proposta

6230iSegundo nos contan en Vieiros, A Mesa solicitóulle á Consellería de Industria que asine un acordo cos principais fabricantes de teléfonos móbiles pra incluir o galego no seu firmware, nos seus menús.

De facelo, non sería o primeiro ente autonómico en conseguilo, pois todo isto ven a raíz de que a Generalitat de Catalunya asinara un convenio cos principais fabricantes pra que os menús dos móbiles estén en catalán antes do 2009. Agardamos dende Trebellos que a Consellería faga caso a esta petición e dentro de pouco non teñamos que estar pedindo pra ter menús de trebellos en galego, como xa fan empresas do sector, caso de Blusens.

Máis información: Vieiros
Máis informacion: A Mesa


Publicidade

Comentarios