Trebellos || Gadgets en galego

Sony CDX-HD70MW, dende Sálvora ata Marí­n

cdxhd70MWAgora que ven o bo tempo, é un bo momento para presentar este trebello de Sony pensado para escoitar a radio na nosa embarcación. O Sony CDX-HD70MW, e un reproductor de MP3, wav e ATRAC feito para ser usado directamente no barco. Para eso leva unha protección antichoque e unha pintura que resiste a salitre.

Este reproductor podeselle conectar un iPod ou un reproductor de CD para levar a música a altamar. Ainda que non sei si paga a pena o capricho, polos 299 $ que custa…

Visto en Xataka

Mais información : Páxina do produto

tubestickPor fin os maqueiros dispoñemos dunha alternativa asequible para desfrutar da televisión dixital terrestre. Equinux acaba de anunciar a dispoñibilidade en España do TubeStick, que por 39,95 € permite ver e grabar este tipo de emisións. Ademáis, inclúe o software The Tube, bastante prometedor, e que se integra perfectamente con iMovie e o novo Apple TV, sen esquencer a posibilidade que ofrece de

exportar de xeito directo a iTunes e ó iPod os programas que teñamos grabados. Non é dende logo un concepto novidoso, pero si o é na plataforma Mac, onde ata o de agora non dispoñí­amos dunha gran oferta destes trebellos, e menos a un prezo coma éste. Benvidos sexan.

O ataque dos mini-clons…

Por moito que Apple estea farta, o certo é que os fabricantes chineses de clons dos reproductores iPod seguen amosando unha gran habilidade para esquivar ó departamento legal da compañí­a da mazá e colocando os seus reproductores en distribuí­dores de primeira liña. í“nte estaba botandolle unha ollada ó último folleto dunha coñecida cadea de hipermercados cando vin, sorprendido, un iPod Shuffle por… 29,90 euros. 1 Gb de capacidade, reproduce MP3 e WMA… WMA? Evidentemente, tratábase dunha imitación, pero dunha das máis logradas que vira nunca. Tamaño e forma semellantes, incluí­do a pinza caracterí­stica deste modelo, gama de cores semellante, mesma capacidade… Procurade as sete diferenzas: shuffle

Trebellos de chocolate

chocolate

Quen quere comer un iPod, ou un móbil? Agora xa se pode, polo menos un iPod e un móbil de chocolate.

Grazas á Corporate Gift Showcase os máis geeks están de sorte xa que esta empresa está a producir unha serie de chocolates con forma de gadgets. Temos o iPod, un móbil, unha blackberry, unha TV, etc.

Véndense en paquetes de 100, 250, 500 e 1000 unidades a prezos diferentes para cada modelo e ademáis tamén venden o modelo de cada trebello por 100 dólares.

Quen dixo que os frikis non podí­an disfrutar do chocolate?

Ví­a: Digital Drops.
Máis información: Corporate Gift Showcase.

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios