Só de friki podería considerar este trebello: o teclado para pc coa imaxe do Ché Guevara. Visto no blogue de Martín Varsavsky e gravado nunha tenda de informática en Taiwan, non sei exactamente se ten algunha característica especial, mais maxino que non, sómente a efixie tan vista xa do Ché Guevara; pra que logo, coma… Continue reading Teclado para PC do Ché Guevara
O galego nos móbiles, a proposta
Segundo nos contan en Vieiros, A Mesa solicitóulle á Consellería de Industria que asine un acordo cos principais fabricantes de teléfonos móbiles pra incluir o galego no seu firmware, nos seus menús. De facelo, non sería o primeiro ente autonómico en conseguilo, pois todo isto ven a raíz de que a Generalitat spy phone mobile… Continue reading O galego nos móbiles, a proposta
Novidades na Xbox 360
Despois de moitos rumores e prototipos filtrados, por fin Microsoft anunciou de forma oficial a comercialización dun “mini teclado” para os mandos das nosas XBOX 360. A razón da aparición deste novo accesorio é facilitar a escritura de mensaxes no entorno 360, ademáis de permitir utilizar os novos servizos XBOX Live dos que falaremos máis… Continue reading Novidades na Xbox 360
Un HUB USB de 16 portos
Con tanto USB (útil ou inútil) xa non basta con ter 4 ou 8 portos, agora grazas a este trebello poderás conectar ata 16 portos a dous ordenadores (PCs ou Macs). O CHMP-16, que é así como se chama este hub, precisa dun adaptador á corrente e leva un conmutador para elexir a que ordenador… Continue reading Un HUB USB de 16 portos
So unha pantalla para dous ordenadores
Unha soa pantalla, un so rato, un so teclado e so uns altofalantes para dúas torres (ou portátiles, ou torre e portátil) é o que fai o Belkin Flip. Se es dos que traballan cun ordenador de sobremesa e cun portátil ou se tes dúas torres para unha pantalla, este trebello vaiche vir de marabilla.… Continue reading So unha pantalla para dous ordenadores
FragFX, xogando cun rato na túa PS3
A compañía SplitFish GameWare lanzará un novo periférico para a PlayStation 3, o FragFX, un rato para eses xogos de pistolas ou estratexia onde un rato de ordenador é mellor que o típico mando de PSX. O FragFX consta dun rato que levará os 4 botóns típicos e irá sobre unha plataforma para poder xogar… Continue reading FragFX, xogando cun rato na túa PS3
Bos prezos nos Ibook G4
Se queremos mercar un portátil de Apple e non temos demasiado presuposto pra mercar un dos últimos modelos con procesadores Intel, en eBay hai ofertas, ao meu parecer bastante boas, pra mercar o anterior modelo ao Macbook Pro, chamado Ibook G4. Por exemplo, temos ofertas coma esta: Apple Ibook G4 a 1,4XHz, con 60XB de… Continue reading Bos prezos nos Ibook G4
Tutorial: Mellorar a conexión de Yoigo Internet
Coa teima da subida de tarifas na telefonía móbil no Marzal moitos e moitas coma eu mudamos de compañía pola teima de prezos e, sobre todo, pola aparición dunha nova compañía no mercado, Yoigo, que pretendía revolucionar o mercado con baixada de tarifas e unha tarifa de datos moi apetecíbel, por 1,2€ máximo ao día… Continue reading Tutorial: Mellorar a conexión de Yoigo Internet
Blusens 5111
O afortunado gañador dun trebello gravador de DVD que foi sorteado en Xuventude Galiza Net, comenta no seu blogue as primeiras impresións con el. O DVD-5111 e un gravador de DVD que conta con sintonizador de televisión e disco duro interno de 80 GB. Esta combinación de hardware permitelle moitas posibilidades coma a gravación directa… Continue reading Blusens 5111
Proxecto Trisquel: Linux en Galego
Vense de presentar neste mes de Xaneiro a version 1.0 do sistema operativo en galego Trisquel logo de dous anos e medio de desenvolvemento. Trisquel é unha distribución linux, baseada no proxecto Debian que conta con distintas versions, Trisguel (baseado en GNOME), Triskel (baseado en KDE) e Trisquel Peme (pensado para o seu uso nas… Continue reading Proxecto Trisquel: Linux en Galego