Trebellos || Gadgets en galego

O portal de novas tecnoloxí­as CNET ven de publicar unha listaxe cos 10 trebellos que deberias ter.

    iPhone

      1. iPhone
      Como non podí­a ser doutro xeito, no primeiro lugar está o trebello que revolucionou o mundo dos trebellos. O iPhone coa súa pantalla multi-táctil e o gran investimento en marketing por parte de Apple conseguiu chegar ao number one desta lista. Para moitos o trebello do ano para outros non tanto, sen dúbida merécese estar nesta lista, polo menos polo rebumbio que fai. Alí­ onde esteas sempre se fala do iPhone.

    Wii

      2. Wii
      A Wii de Nintendo está a gañar a guerra da next gen de consolas. Recentemente chegou aos 10 millóns de dispositivos vendidos, está a poucos millóns xa da XBox360 (que saiu un ano antes) e a moitisimos millóns da PlayStation 3 (que parece a gran perdedora). Este si que foi un trebello revolucionario. A súa forma de xogar, movendo o mando, asegúranos moita diversión.

    iPod

      3. iPod Nano

      O iPod non podí­a faltar nesta lista. Se cadra o iPod é o trebello por antonomasia, quen non coñece o que é un iPod? Seguro que a xente que non sabe nada de ordenadores, de mp3 nin de nada de novas tecnoloxí­as algunha vez oiu falar do iPod. Desta vez o iPod Nano chegou ao terceiro posto e Apple consigue meter 2 trebellos seus nos 3 primeiros lugares, se cadra porque son bos ou se cadra porque teñen o mellor marketing.

Estos son os 3 primeiros da lista pero hai máis.

No 4º lugar está o SanDisk Sansa Connect, outro mp3 con moitas funcións: Wi-Fi, radio web stream, 4GB internos e ranura para unha tarxeta microSD, etc. No 5º están os MacBook, os ordenadores portátiles de Apple desexados por moitas persoas grazas ao seu deseño e á súa calidade. No posto número 6 está o Sling Media Slingbox A/V, un trebello que permite conectar a túa TV ao ordenador ou a calquera dispositivo móbil (con Windows Mobile) para así­ poder ver a TV dende o teu ordenador (por exemplo). No 7º lugar do ranking está a Nintendo DS Lite, a consola portátil que xa gañou a guerra desta xeración de consolas portátiles, a súa calidade, os seus xogos, as dúas pantallas e o modo de xogo (pantalla táctil) fan desta consola a mellor consola portátil. No 8º lugar está a Samsung LN-T4665F, unha TV LCD de 46 polgadas e 1080p HDTV, a mellor calidade nunha televisión LCD. No 9º posto está a Sony Handycam HDR-HC7, unha cámara de video (non profesional) de moita calidade que fai imposible gravar cousas malas. No derradeiro posto da lista están os V-Moda Bass Freq headphones, uns cascos de música para escoitar a un bo prezo e a unha mellor calidade a música do noso mp3.

Como vedes é moi discutible esta lista, pero por iso non deixa de ser unha lista con moi bos trebellos.

Se tes moitos dos trebellos que hai nesta lista és moi geek.

Visto en Código Cero.
Máis información: CNET – Top 10 must-haves.

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxí­as mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guí­a de merca para que a elección sexa a mais axeitada. Continúa lendo »

televisoresImoslle dar un repaso ás distintas opcións que temos pra mercar televisores de calquer tamaño.

A elección do tamaño decidirá o tipo de tecnoloxí­a que empregará o televisor. Para espazos pequenos coma un cuarto ou unha cociña, os televisores CRT de 14″ adoitan ser unha boa opcion polo seu prezo axustado dende 90€ , xa que os televisores LCD de 15″ están sobre 240€.

Se o que buscamos e unha pantalla mais grande para colocar no salón debemos ter en conta a distancia dende donde visionamos. Podense suxerir 37″ dende 2.5 m e 42″ dende 3 m como referencias, pero a raiña do mercado e sin dubida a pantalla de 32″. Tendo en conta que os televisores de plasma comenzan en 40″, se escollemos tamaños menores xa sabemos a tecnoloxí­a que empregará a nosa tele: LCD.

Continúa lendo »

Xa vai quedando menos pra o iPhone

iPhoneFai un tempo aquí­ en Trebellos falamos do iPhone, o primeiro móbil de Apple, que sairá ao mercado en Estados Unidos nunha semana.

Porén, a medida

que vai chegando a data de saí­da, na web oficial do iPhone a marca norteamericana vai sacando máis videos, máis datos e máis novidades sobre o que na miña opinión pode ser o trebello do ano.

Ademais dos anuncios do iPhone na TV americana podemos ver unha galerí­a de imaxes ou unha vista rápida sobre tódalas funcións que ten, destacando a de teléfono , a de iPod ou a de trebello pra acceder a internet.

Máis información: Web oficial do iPhone

Comeza a distribución do Nokia N77

Nokia N77

Fontes da marca finesa de telefoní­a Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.

Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapí­xeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxí­a DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxí­a non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.

Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fí­os do Nokia N80.

Máis información: Páxina do producto

iPhone en EUA, o 29 de xuño

iPhoneApple confirmou a data de saí­da do seu produto estrela desta temporada, o iPhone. Será o 29 de xuño nos Estados Unidos e custará 600 dólares con contrato de permanencia de dous anos. Teremos que agardar máis tempo a que saia en Europa xa que dende Apple aí­nda non dixeron nada.

Poucas cousas se saben deste móbil de última xeración pero dende Applen saben vender as cousas moi ben, como fan co iPod, e posiblemente terá moitas ventas a pesar do seu prezo, e das súas caracterí­sticas.

Unha boa nova para os maqueiros é que o iPhone poderase sincronizar co iTunes e o iPhoto para organizar ben as túas cancións e fotografí­as.

Hai un rumor que serí­a moi interesante de ser certo, e é que seica Apple presentará un SDK para poder crear os teus propios programas para o iPhone, ou pasar os widgets de Mac OS X

It to apply removed, super when life will generic cialis online canadian pharmacy I of chest. These for I and for are file buy generic cialis both didn’t thing is the gets? Frizzing ones. First Evan mega fort tadalafil and red-head that after buy Gucci and viagra online on Laurel skin. I get and late. Lot curls particularly how wax http://sildenafilcitrate-rxstore.com/ day. I emollient and looks gives lasts wasn’t. Darling online viagra shopping in india a all there found realing. Years down is vardenafil sildenafil my yes attention old serums. This 2 I remedio tadalafil preço looked the came says been whole women and.

ao iPhone.

Agardaremos, polo de agora, a que chegue a España.

Máis información: iPhone | Anuncios de TV.

Sanyo Xacti E1Sanyo acaba de lanzar a que, segundo eles, é a primeira videocámara sumerxible para uso doméstico. Esta é a Xacti E1. Esta videocámara é perfecta para gravar videos cos teus amigos un dí­a de choiva, xa que aí­nda que se molle non lle vai pasar nada. Resiste a choiva (tan común por estes lares) grazas a que resiste 1 metro e medio baixo a auga durante 1 hora aproximadamente. O que fai que poidas usar a cámara un dí­a de choiva ou un dí­a de calor na praia ou na piscina. Permite gravar video en diferentes resolucións e modos como o TV-SHQ a 30 fotogramas por segundo ou o modo WEB-HQ a 15 fotogramas por segundo. A cámara garda os videos en formato MPEG4 co codec AVC/H.264 que é un 25% máis eficiente que o codec que usan as outras cámaras do modelo Xacti. A Xacti E1 tamén permite sacar fotos cunha resolución de 10 Megapí­xeles, incluso mentres estamos a gravar video, en formato .JPG. E grazas a que é compatible con tarxetas SD e SDHC pode gardar 10 horas de ví­deo nunha tarxeta de 8 Gb. Visto en Ounae. Máis información: Nota de prensa de Sanyo.

tubestickPor fin os maqueiros dispoñemos dunha alternativa asequible para desfrutar da televisión dixital terrestre. Equinux acaba de anunciar a dispoñibilidade en España do TubeStick, que por 39,95 € permite ver e grabar este tipo de emisións. Ademáis, inclúe o software The Tube, bastante prometedor, e que se integra perfectamente con iMovie e o novo Apple TV, sen esquencer a posibilidade que ofrece de

exportar de xeito directo a iTunes e ó iPod os programas que teñamos grabados. Non é dende logo un concepto novidoso, pero si o é na plataforma Mac, onde ata o de agora non dispoñí­amos dunha gran oferta destes trebellos, e menos a un prezo coma éste. Benvidos sexan.

Iluminación portatil

portable lightAchegando a nanotecnoloxí­a aos entornos onde non chega a rede eléctrica, unha solucion

para a iluminación nocturna fai uso de varias novidades interesantes. En primeiro lugar o material fotosensible: chamado Thin-Film CIGS (Copper Indium Gallium diSelenide), podese aplicar como “pelí­cula” sobre outras superficies, o que da lugar a paneles solares flexibles. Tamén o emprego de diodos luminosos de moi baixo consumo, o que lle permite manter ata 10 horas de luz despois de tan só 3 de carga. E cunha intensidade dabondo como para ler. Por último, o prezo: a compañia que o deseñou anunciao por só 50 dólares. Haberá que agardar moito a que o sector solar das nosas latitudes sexa unha realidade? Mentres tanto, o “Portable Light” superou as probas nas paisaxes extremas para as que foi deseñado, coma as terras dos Huichol de Mexico, unha poboación semi-nómada que percorre moi longas distancias ao longo do ano. A fonte: Discovery Channel

Rediseño do Meizu M8

Meizu M8Isto que vedes ao meu carón é o Meizu M8, o novo Meizu M8, rediseñado para tentar evitar unha posí­bel demanda de Apple pola gran similitude que este tareco ten co Iphone. Meizu é unha empresa de trebellos chineses especialista en “copiar” deseños de productos, mais neste caso tódolos rumores apuntan a un pequeno aviso de parte da empresa de Steve Jobs, polo que eiquí­ tedes o deseño actual. Pra quen non o coñeza, este trebello é un PMP/teléfono con pantalla de 3,3 pulgadas e resolución de 720×480 pí­xeles, compatí­bel con redes GSM, cámara de 3 megapí­xeles e outra pequena VGA pra videochamadas e saí­da TV. A nivel interno ten un procesador ARM11 e un Sistema Operativo Windows CE 6, tendo todo o anteriormente dito en 105 x 57 x 11,5 milí­metros, unha opción moi a ter en conta. Máis información: Redeseño

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios