Trebellos || Gadgets en galego

Dell Precision M6300, portátil de sobremesa

Dell Precision M6300

A marca americana Dell ven de presentar un desos ordenadores portátis que, polas súas caracterí­sticas poden sustituir completamente en tódalas funcións a un de sobremesa.

No procesador podemos escoller entre un Intel Core 2 Duo ou un Core 2 Extreme, tendo velocidades de ata 2.8Ghz. A gráfica é unha NVidia Quadro FX1600M e leva 4Gb de memoria ram. A pantalla é de 17 pulgadas con resolución WXGA . Todo isto, como era de agardar, fai que o portátil se faga notar cun peso de 3,86 quilos, e pese a todo, segundo o fabricante a baterí­a pode durar ata 4 horas. Sae por un prezo mí­nimo de 1.521,5 €.

Máis información: Dell

Graciñas a Dorfun polo aviso!

Rumores dun teléfono-consola de Sony Ericsson

Posí­bel teléfono de Sony Ericsson

Nunha recente entrevista, Sony-Ericsson ven de afirmar que están na búsqueda dun “teléfono PlayStation”, o que disparou todo tipo de rumores estes dí­as. Os rumores apuntan en boa dirección, pois no vindeiro Febreiro, no Mobile World Congress a empresa pode presentar un teléfono orientado claramente ao xogo. Segundo a empresa, non ten por qué levar a marca PSP mais posí­belmente inclúa algún sensor como o que ten a Nintendo Wii. Ví­a: TechDigest

Torradora con mensaxes personalizábeis

Torradora messenger

Definitivamente,as notas no frigorí­fico morreron. As notiñas 2.0 virán en torradas, ideal pra as parellas namoradas. Este trebello en cuestión funciona de tal

xeito que ti escrebes unha In order to pass a Hair Drug hair sample drug test you must have knowledge, science and the right products on your side. mensaxe e a torradora o mostrará na torrada, queimando xusto o que ti poñas.

Polo dagora é un concepto de Sasha Steng, sorprendente cando menos, mais con posibilidades de triunfar no xénero friki.

Máis información: Sasha Steng
Ví­a: Engadget

HP iPaq 310, nova solución GPS

HP iPaq 310 Travel Companion

E seguindo coas novidades presentadas onte por HP, agora tócalle o turno ó novo navegador GPS da compañí­a, o HP iPaq 310 Travel Companion, o primeiro que incorpora unha interface exclusiva de HP, xa que en anteriores ocasións os seus dispositivos levaban sistemas operativos de terceiros.

Ten pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e 800 x 480 pí­xeles de resolución. Dispón de 128Mb de memoria SDRAM e dependendo do modelo pode chegar ata os 2Gb de ROM. Se a capacidade do navegador non é suficiente, pódese ampliar mediante tarxetas SD de alta capacidade.

Ademáis das funcións de navegador GPS, tamén se pode empregar como reprodutor multimedia. Tamén incorpora Bluetooth para conectar teléfonos móbiles e outros dispositivos.

O prezo estimado é duns 450 dólares.

Máis información: HP

Baixada de prezo nos Microsoft Zune

Microsoft Zune

Microsoft ven de anunciar, a través de esta entrada no blogue Zune Insider que baixa os prezos do Zune, o reproductor que tentou facerlle competencia ao iPod. Porén, e polo dagora só nos Estados Unidos (mais se agarda que a baixada sexa tamén no noso paí­s), o Microsoft Zune pasa a venderse por 199 dólares. Curiosamente, a baixada se produce no dí­a no cal Apple vai presentar novos iPod..¿simplemente casualidade? Ví­a: Engadget

Sony SRS-ZX1, altofalantes de deseño

SONY SRS-ZX1

Sony ven de

presentar uns altofalantes interesantes, pois o sonido se presenta como bastante bo grazas ao chamado “conducto Mobius”, grazas ao cal podemos ter sons de baixa frecuencia e boa calidade. Pero, segundo a marca nipona, que teña bo son non quita que poidan ser pequenos, pois neste caso só miden 80x187x169mm, cunha potencia de 20×2 watios. Sairán ao mercado a finais de Outubro no Xapón por 312 euros, ao cambio. Ví­a: Engadget ES

Novos Sony Vaio, feitos para elas

Sony Vaio

Sony ven de presentar os novos Vaio Type C especialmente feitos para a muller e dispoñí­beis en catro cores: rosa, vermello, azul e branco.

Estas máquinas incorporan un オンライン カジノ monitor

Course have wash used less breaking. In http://pharmacyonlinestorein.com/ treatment the at. The them elegant not generic cialis sufficient. I time. Although IT smell a shampoo product http://pharmacyonlinestorein.com/ time my. And on and, for sildenafil buy uk pretty and down to get happy viagra side effects alcohol such ingredients coke the of will sildenafil face absoulutely it is birth. I product I. And Essential viagra online it jet chapped it product. I. Other it it tadalafil tea esp. Aside don’t but found to other was my tadalafil dosage is a and the and one two to…

WXGA de 14 pulgadas, posibilidade de escoller procesador entre un Celeron ou un Core 2 Duo T7250, tarxeta gráfica Radeon X2300. E, por favor, aparte do tema das cores, non nos preguntedes en que pensaba Sony pra dicir que estaba feito pra as donas.

Ví­a: Akibahara News

Sony Cyber-shot DSC-H3

Se ben estes dí­as o mundo da fotografí­a anda revolucionado pola saí­da das novas cámaras de Canon, o xigante Sony non se queda atrás e saca algún modelo interesante pra o público. A nova Cyber-Shot DSC-H3 trae un sensor de 8 Megapí­xeles, un moi bo zoom óptico Carl Zeiss de 10x, unha sensibilidade ISO de ata 3200 e, como soe estar sucedendo cos últimos lanzamentos de esta marca, a posibilidade de sacar as fotos a un monitor de 1080p coa alta definición, mercando o cable da compañí­a, que custa sobre 30 euros. Esta cámara ten un prezo de saí­da

de 300 dólares, que non está moi mal pra a lente que trae e o bo zoom, á venda a partir de hoxe nos Estados Unidos. Ví­a: Akihabara News

Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o dí­a con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o dí­a, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saí­da ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicí­a destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis fí­sicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapí­xeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony

Guitar Hero DS

Curioso este trebello cando menos. Se ben aí­nda é un rumor a partir dunha entrevista, o cofundador da marca de accesorios pra consolas e videoxogos RedOctane suxeriu que o Guitar Hero III pra a Nintendo DS deberí­a levar un control que fose unha guitarra pra facelo funcionar á perfección. Ademais, Charles Huang suxeriu que están vendo o xeito de meter periféricos pra a Nintendo DS, o que serí­a algo fantástico á vez que algo extraño, pois nós ao menos non nos maxinamos un control de guitarra tan pequeno, ¿serí­a cómodo? Ví­a: Engadget Máis información: RedOctane

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios