Trebellos || Gadgets en galego

Nokia comeza a ofrecer carga de baterí­as por USB

microUSBAlgo que destaca do Nokia 8600 é que ten un porto microUSB. Ben, o pack co que compramos o teléfono ven tamén un cable microUSB a USB e ademais un cargador con un conector microUSB, polo tanto podemos dicir que Nokia finalmente aposta pola carga 100% a través de USB, o que cicais dea a pensar que isto é o fin do cargador especí­fico pra os Nokia.

O porto microUSB se pode ver na parte inferior do teléfono, e a través deste porto poderemos transferir enerxí­a, datos e audio. No referente a isto último, dicir que hay aparentemente un adaptador no pack de microUSB pra conexións de audio, ademais das conexións audio por Bluetooth que poidamos ter.

Por certo, non debemos confundir o porto microUSB co miniUSB, que cicais nos sexa máis familiar, e que ademais é algo máis pequeno.

Se tes un móbil Nokia ten coidado e revisa a súa baterí­a. Verás que na capa principal ten 4 caracteres, se estes caracteres son BL-5C podes ter problemas.

BL-5C

Segundo unha nota de prensa de Nokia estas baterí­as en raras ocasións poden chegar a explotar ao quentarse demasiado mentres se cargan.

Este problema só afecta ás baterí­as BL-5C fabricadas por Matsushita entre decembro do 2005 e novembro do 2006 polo que aí­nda que teñas unha baterí­a BL-5C pode que non teñas problemas. Para comprobalo vai á páxina especial que Nokia sacou polo asunto e introduce no campo de texto os 26 caracteres que hai na capa de atrás da túa baterí­a.

BL-5C

Unha vez introducido ese código a páxina nos dirá se a nosa baterí­a e defectuosa. En caso de se-lo teremos que encher un formulario cos nosos datos para que nos envien unha baterí­a nova de balde.

Segundo Nokia a baterí­a só pode explotar mentres se carga e en moi raras ocasións, aí­nda así­ xa houbo rexistradas 100 explosións e hai 46 millóns de baterí­as que poden explotar.

Polo menos Nokia cambia a baterí­a defectuosa sen cargo algún e da un sobre para enviar de volta a baterí­a defectuosa e así­ recicla-la correctamente.

Eu mesmo teño a baterí­a do meu móbil (un Nokia N70) defectuosa e agardo que me envien pronto a baterí­a nova, ata entón terei coidado á hora de cargala.

Máis información: Nota de prensa | Battery replacement.

Novo Nokia N95, pra contrarrestar ao iPhone

Nokia N95


Os rumores xa apuntaban a que en Estados Unidos Nokia í­a tentar contrarrestar as ventas do iPhone, se ben se dubidaba de entre un N95 mellorado ou algún outro modelo.

Finalmente, Nokia ven de presentar unha renovación do seu N95, cunha baterí­a que dura un 26% máis, cunha cor negra en vez da tradicional prateada en Europa, e ademais se lle dotou ao teléfono dunha conexión HSPDA máis potente e máis memoria RAM, agora 128 Mb.

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb

Nokia PrismEsto que vedes non é un rumor, é o novo Nokia 7500.

Ten o nome Prism polo caracterí­stico do seu deseño, formado a través de pequenos prismas que lle dan forma, mais agora veremos que tampouco ten malas prestacións, algo que soí­a ser frecuente entre os teléfonos fashion da marca finesa.

Ademais do seu toque de deseño e demais é un teléfono moi ben equipado, pois ten 3G, sistema operativo Symbian S40, pantalla de 2 pulgadas, cámara de 2 megapí­xeles, bluetooth 2.0 e ranura pra tarxetas MicroSD.

Está a venda xa nalgunhas tendas de Importación por 299 dólares, mais sairá en Europa en Outono.

Nokia N81

Isto que vedes a vosa dereita é o pouco que se pode sacar en claro de 070829.com, unha web promocional que fixo Nokia pra un novo terminal que poderí­a ser o da imaxe, un suposto Nokia N81.

Polo tanto, a casa finesa supoñemos que lanzará varios terminais nesa data, e polo que podemos ver o teléfono se pode manexar tanto en vertical como en horizontal, podendo así­ tratalo como unha consola tipo PSP.

Polo que se comenta nos mentideiros da rede, o N81 terí­a 8GB de memoria interna, algo de agradecer, e soportarí­a a plataforma de xogos Nokia N-Gage que Nokia leva querendo revitalizar de novo dende fai uns meses e que poderí­a comezar con este trebello, que ten os botóns caseque ideais pra poder xogar no teléfono.

Máis información: Gizmologí­a
Máis información: SlashRumor

Nokia N98, o asasino do iPhone

Nokia N98
Esto que vedes á esquerda é supostamente o Nokia N98, futuro modelo da marca finesa que, na miña opinión, non ten nada que envexarlle ao iPhone, o superarí­a e con creces. As principais caracterí­sticas serí­an:

  • Pantalla táctil con resolución VGA
  • Cámara de 7,2 Megapixels con óptica Carl Zeiss
  • Zoom dixital 20x
  • Receptor GPS
  • Acelerador de gráficos
  • Cámara frontal VGA pra videoconferencias
  • WLAN 802.11b/g/n
  • Bluetooth v2.0
  • HSDPA

Visto o visto, serí­a un Nokia N95 pero bastante mellorado e con pantalla táctil, penso que todo un avance tratándose de Nokia. De aí­ que comentaba en Radiovoz fai uns Luns que o principal avance que trae o iPhone non é o iPhone en si, senón cousas como o da pantalla táctil. Veremos se se confirma este trebello.

Ví­a: SmartSym

Seguen os rumores sobre o Nokia N95 de 8GB

N95 Black
Se fai uns dí­as nos fací­amos eco dos rumores que dicí­an que Nokia estaba desenrolando un N95 de 8GB para contrarrestar ao iPhone, hox e en SlashGear sacan esa imaxe do suposto novo terminal. ¿Será certo? ¿Será unha fotomontaxe? E vós, ¿que pensades?

Máis información: Slashgear
Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Rumor dun Nokia N95 con 8GB

En Gizmologí­a se fan eco dunha nova que, de ser certa, darí­a continuación á guerra entre, na miña opinión, os dous teléfonos máis poderosos en canto a prestacións neste intre: o iPhone de Apple e o Nokia N95. Según o rumor, a marca finesa estarí­a preparando unha versión de 8GB de capacidade do seu teléfono, o que farí­a de el un completo terminal e, na miña opinión, algo que destrozarí­a a chegada do iPhone a Europa (lembremos cousas como que o Nokia N95 ten GPS namentras que o iPhone só ten Google Maps, por exemplo, o que unido aos 8GB superarí­a con creces en capacidades á novidade de Apple). Nokia N95 8GB
¿E en que se basan pra difundir o rumor? Pois na imaxe que tedes aí­ enriba, que é a cabeceira dunha web de Nokia. Cousas máis raras temos visto. Ví­a: Gizmologí­a Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Auriculares Bluetooth Nokia, tres novas opcions

BH-604Para os que queiran mercar un auricular Bluetooth para o seu mobil, Nokia ven de presentar tres modelos na súa amplia gama destes trebellos. O Nokia BH-803 e un pequeno pero elegante auricular con altas prestacions en tan só 11 gramos pero a uns 120 €. O Nokia BH-602 representa o continuismo na gama de auriculares cun deseño similar e, iso si, moitas funcions (colgar, descolgar, rexeitar) e ata atcivación por voz a un prezo mais razoable duns 70 €. Mais innovador son os BH-604, primeir auricular bluetooth cun deseño similar ós de audio que non nos ten afeitos. Estos auriculares supoñen unha aposta polos clientes mais esixentes en canto a calidade de son, e son os unicos que virán con Bluetooth 2.0, mais enfocados a escoitar música. Estes auriculares custaran uns 120 €. Mais información : Nokia

Comeza a distribución do Nokia N77

Nokia N77

Fontes da marca finesa de telefoní­a Nokia indicaron que en breve vai comezar a distribución do Nokia N77, un terminal presentado na feria 3GSM en Barcelona fai uns meses. Asemesmo, indicaron que a distribución comezará por Finlandia, continuando por Vietnam e India.

Pra quen nunca escoitase falar deste terminal, o Nokia N77 ten unha pantalla realmente grande, de 2,4 pulgadas, dous altofalantes estéreo de alta calidade xunto co xa case tradicional reproductor mp3, cámara de 2 megapí­xeles e sobre todo a posibilidade de ver programas de televisión grazas á tecnoloxí­a DVB-H. Comentar respecto a esto último que esta tecnoloxí­a non ten demasiado que ver coa posibilidade que dan algúns operadores como Vodafone de ver a TV no teléfono, é unha televisión con máis calidade.

Na miña opinión, temos ante nós a un completo terminal multimedia, se ben na miña opinión fáltalle algo de conectividade pra ser un superterminal como por exemplo a conectividade sen fí­os do Nokia N80.

Máis información: Páxina do producto

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios