Como xa se falou en trebellos polo mes de abril, Blusens estaba a traballar nun gps revolucionario no que as imaxes en 3d son reais, sacadas dende un avión por toda europa. As novidades son a saída do video que comentabamos xa neste post e a información de que ven cun disco de 40gbs
integrado. Prevese a súa saída á venda antes do nadal. Para máis información: Blusens
Dende hai algún tempo os navegadores GPS convertéronse nun trebello imprescindible na vida de moitos usuarios. Os últimos modelos non só serven para seguir indicacións para ir a un lugar determinado, se non que tamén integran opcións multimedia como reprodución de música ou video. Da man de Acer chegan a nós uns modelos que non sobresaen polas súas características, pero que poden ser unha boa solución para persoas que non desexen desembolsar unha gran cantidade nun aparello deste tipo. Os navegadores GPS P710 e P730 dispoñen dunha pantalla panorámica táctil de 4,3 polgadas e resolución de 480 x 272 píxeles. Levan incorporado lector de tarxetas SD, para almacenar mapas, xa que os 64Mb de RAM dos que dispoñen quedan bastante escasos. O sistema operativo que empregan é Windows CE 5.0, adaptado pola mesma compañía, que integra un visor de fotografías. Os dous modelos estarán dispoñibles en novembro. O modelo P710 venderase cunha tarxeta de 512Mb cos mapas rexionais preinstalados a 199
euros e o P730 cunha de 2Gb cos mapas de Europa a 249 euros.
A pesar de que a marca non atravesa polo seu mellor momento, seguen a presentar novos produtos. Neste caso trátase da cámara dixital C840, modelo sucesor da antiga C740i.
Destaca polo seu sensor de 8 megapíxeles, óptica PENTAX e polas funcións de gravación de video en formato panorámico a unha resolución de 720×400 píxeles e 30fps. Ademáis, tamén é capaz de tomar fotografías en formato panorámico, diferentes tamaños e pódense engadir efectos dende a propia máquina. Dispón de zoom óptico 3x, que tamén se pode empregar durante as gravacións de video.
í‰ compatible coa tecnoloxía PictBridge e soporta tarxetas SD e SDHC de ata 4Gb. Aliméntase con dúas pilas AA.
Máis información: Nota de prensa
Sempre falamos en Trebellos de rumores sobre Apple, mais cando pasan uns días
sen telos…¿non os botas de menos? Segundo se di na rede, Apple pode estar preparando uns portátis en aluminio e negro, máis finos que os actuais Macbook Pro. Como é de agardar, pouco se sabe: cicais en vez do touchpad se use un multitouch, pois é unha tecnoloxía que xa usan no iPhone e iPod Touch, ou haxa un cambio no tegrado. O que é certo e que xa levamos tempo cos Macbook (para ser
Apple), e pode que a comezos do ano que ven existan boas novas neste senso… Vía: Engadget
Maxina ver a Luar (ben, Gayoso ou un partido de fútbol, quen sabe) namentras estás nun auga burbulleante. Certamente tremendo, e iso é o que nos ofrece CatalinaSpas.
Certamente, non é algo do que falemos frecuentemente en Trebellos, mais non puiden resistirme a facelo. Dispón de 4 asentos e unha infinidade de chorros de auga para compartir o partido ou o que queiras nese lugar.
Por certo, non din nada do prezo. Mellor.
Máis información: BornRich
E certamente, debería ser así. Como ben sabedes, Apple ven de presentar hoxe o iPhone en Europa, comezando polo Reino Unido, se ben en lugares como Franza se pode presentar nos vindeiros días ou semanas, nun evento de Apple. Pero, unha das cousas que se agardaba ter co iPhone europeo era unha nova versión, cicais de 16Gb de capacidade, con 3G e algunha cousa máis, como pode ser GPS, e bater duramente contra o Nokia N95. Mais non foi así, e os rumores dunha nova versión do iPhone no primeiro cuarto do 2008 son insistentes. Os rumores citan dúas fontes:
Se todo isto é certo, o lanzamento do novo iPhone podería coincidir coa saída do iPhone
en España con Movistar, pois se comentou que, como mínimo sería a comezos do 2008. Moitas cousas quedan por desvelar aínda… Máis información: The Street
A finesa Nokia ven de presentar hoxe o novo Nokia E51, que por tanto está destinado a esas persoas que precisan ler o correo electrónico e estar conectados alá onde queira que estean, como todos os da serie E de Nokia. Destaca por ter WiFi e HSDPA (o da WiFi xa está en case tódolos os da serie E, e é algo de agradecer), nun terminal a primeiras fino e estilizado, borrando ese estereotipo de que os terminais pra negocios e demais non son agradábeis á vista. No apartado de correo electrónico, tentando arrebatar algo de espazo ás Blackberry, Nokia ven de incluir unha pequena luz que se ilumina coa chegada de novos correos electrónicos. As diferenzas do novo E51 é o seu deseño, que é semellante ao do Nokia E65, pois emprega materiais como o acero inoxidábel, e incorpora un pad e teclas de acceso directo ao igual que o terminal dito, perdendo o joystick que existía no E50 e que cada vez usa menos Nokia. Destacar como características, ademais das ditas, Bluetooth 2.0, porto miniUSB pra conectalo directamente ao ordenador, infravermellos, pantalla de 2″ con 240×320 píxels e 16 millóns de colores, memoria interna de 130Mb ampliábel mediante microSD, radio FM, cámara de 2 megapíxeis con zoom dixital 4x e reproductor de audio e vídeo. A autonomía da batería é de 4,4 horas en conversa e 13 días en espera. Pesa 100 gramos e sairá ao mercado a final de ano a 350 euros libre, un bo prezo, e en dúas cores, negro e marrón. Máis información: Nota de prensa de Nokia
Como vos comentamos hai uns días en Trebellos, hoxe celebrouse unha rolda de prensa de Apple no Reino Unido. Nela anunciouse que o iPhone estará dispoñible alí a partir do 9 de novembro coa compañía de telefonía móbil O2. A versión de 8GB costará £269 (400 euros apróximadamente). A versión do iPhone que se poñerá á venda é a mesma ca dos Estados Unidos. A compañía estivo actualizando a súa infraestrutura para que fose compatible con EDGE, o sistema de comunicación de datos que emprega o teléfono de Apple no continente americano. Segundo Steve Jobs, que o iPhone non dispoña de 3G é cuestión de aproximadamente un ano, xa que se se lle implementara esta tecnoloxía o teléfono vería disminuida a duración da batería e non tería unha capacidade adecuada para realizar chamadas e empregar tódalas súas prestacións. O2 anunciou que o trebello tamén terá dispoñible o buzón de voz visual, ó igual que con AT&T. As tarifas coas que sairá á venda son de £35, 45 e 55 cun contrato de 18 meses coa compañía e a posibilidade de cargar ata 1400 páxinas web ao día. A compañía tamén firmou un acordo para que se poida acceder á rede mediante 7000 hotspots. A activación do iPhone farase coma nos Estados Unidos, por iTunes e escollendo o plan de prezos.
Dende a factoría de Blogueiros, de onde naceu e se plasmou a idea que hoxe é este blogue, Trebellos, estamos a traballar arreo nun segundo blogue.
Buscamos a xente que lle encante a economía, os proxectos de empresas dende o país, os emprendedores e todo o seu mundo…¿Pensas que encaixas nese papel?
Se o pensas, non tes máis que mandar un correo a contacto-arroba-blogueiros.org indicando teu nome, por que deberías escribir no novo blogue e unha ou dúas entradas de exemplo, como se estiveses escribindo no novo blogue. Agardamos túas propostas…
Vía Código Cero coñecemos a Hipoqih, un servizo web que está dando bastante que falar, pois foi nomeado en varios certames da Web 2.0, e mesmo foi obxeto de conferencias en Silicon Valley. Todo feito dende A Coruña, imos explicar de que vai a cousa.
Maxina que es posuidor dun trebello portátil con acceso á rede e que ademáis teña GPS: pode ser un simple portátil (pois tamén permite introducir coordenadas manualmente), unha PDA, unha Blackberry ou unha Smartphone. Pois ben, se baixas o seu pequeno software e o instalas, na web poderás transmitir exactamente onde estás, a través de Google Maps.
Bótase bastante en falla unha versión en galego do servizo, que agardemos que saia cedo. Moi
recomendábel a entrevista, e sorte ao equipo de Hipoqih.
Máis información: Entrevista en Código Cero