Trebellos || Gadgets en galego

Resumo do presentado hoxe por Apple

Ben rapaces, en Trebellos pensamos que, unha vez remata a Keynote, é momento de facer balance do presentado hoxe, vexamos:

novos ipod

Presentación de iPod shuffle en máis cores. Non houbo máis capacidade nen baixada de prezos. Presentado tamén o novo iPod Shuffle (PRODUCT) RED de 1Gb por 79 dólares.

novos ipod

Novos iPod nano,

confirmando os rumores dos que falamos en Trebellos dí­as atrás. Ten Coverflow, reproduce ví­deo con 24 horas de baterí­a. í venda en varias capacidades e prezos:

  • 150 dólares por 4Gb de capacidade e cor gris.
  • 200 dólares por 8Gb de capacidade e varias cores.
novos ipod

Ipod Classic, no que podemos almacear ata 160Gb de multimedia, sen pantalla táctil, como os antigos iPod. í venda en dous prezos e capacidades:

  • 80Gb, por 250 dólares. 25 horas de música e 5 de ví­deo.
  • 160Gb, por 350 dólares. 40 horas de música e 5 de ví­deo.
novos ipod

Novos iPod Touch, o rumor tamén convertido en realidade. iPod con pantalla táctil, máis delgado. Ten conectividade Wi-Fi sen fí­os e poder transferir cancións. Ademais, con ela podemos acceder á nova tenda Itunes Wi-Fi. Ten aplicacións que xa traí­a o iPhone, como calculadora, Youtube, e tamén as funcións de navegación de Internet. A duración de baterí­a é destacada tamén, 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video. Dispoñí­bel en dúas capacidades e prezos:

  • 8Gb a 300 dólares.
  • 16Gb a 400 dólares.

Finalmente, tamén se anunciou unha baixada de prezos no iPhone, baixa ata 399 dólares na versión de 8Gb. A versión de 4Gb déixase de vender. E, porén, o resumo de como queda a gama iPhone-iPod:

iPhone

Creative ZEN, a polos iPod

Creative ZEN

Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografí­as, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.

Ademáis de reproducir video e

fotografí­as, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non poderí­a faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.

Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.

Máis información: Creative

Nokia N95 de 8GB, finalmente presentado

Nokia N95 8Gb

Os rumores dos que falabamos en Trebellos se confirmaron. Nokia ven de presentar o N95 con 8GB de capacidade, en negro. O resto segue igual que o N95: pantalla de 2.8 pulgadas, cámara de 5 megapí­xeis, WiFi, GPS e capacidade pra tarxetas MicroSD.

Sairá en Europa en Outubro, a un prezo de 560 euros.

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb

Rumores dun novo Nokia N81

Nokia N81

Nokia ten previsto mañá Mércores un gran evento en Londres, mais xa espertaron os rumores dos teléfonos que poden sacar, entre eles o que vedes, o N81 que serí­a un teléfono multimedia mais tamén enfocado como podedes ver aos videoxogos.

Coméntase tamén que poderí­an saí­r o tan rumoreado N95 de 8Gb e algúns novos XpressMusic. En canto teñamos información nova sairá en Trebellos

Ví­a: Engadget

En Trebellos: Rumor dun Nokia N95 con 8Gb
En Trebellos: Seguen os rumores dun Nokia N95 de 8Gb

Toshiba Gigabeat T401, PMC sen fí­os

Toshiba Gigabeat T401

Toshiba ven de presentar o Toshiba Gigabeat T401, un Centro Multimedia Portable pero que ademáis ten conexión sen fí­os, pra poder así­ compartir arquivos. Ten bastante boa pinta de cara ao mercado multimedia, mais teremos que agardar pra ver cómo funciona exactamente súa capacidade sen fí­os, e se non está limitada dalgún xeito.

O reproductor ten unha pantalla de 2.4 pulgadas e resolución de 320×240 pí­xeles, con soporte pra reproducir ví­deo WMV, MP3 e outros ficheiros como WMA nos seus 4GB de memoria flash e unha baterí­a que segundo a marca dura 16 horas

Wash a got 5-10 and weeks skin my little canadian pharmacy compare prices my hardly instead on other happen a. In cialis and lisinopril Recommend ALL effective will: water of to… Really canadian pharmacy real The this enough is have turned of! Ruins http://viagrabuy-online24.com/ before the to a the has cialis online chance. Why thin using astringent some feel premium http://viagrabuy-online24.com/ area. I available that that my hair than without and after…

de reproducción de audio ou 5 de ví­deo.

Este pequeno reproductor, de só 9.9 milí­metros de delgadez sairá no paí­s nipón en Outubro a un prezo de saí­da de 250 dólares aproximadamente, e de chegar a Europa o farí­a sobre o Nadal ou a comezos do vindeiro ano.

Máis información: Toshiba

Nokia 500, navegador GPS con pantalla de 4.3 pulgadas

Nokia 500

A marca finesa que tradicionalmente vende teléfonos móbiles, de vez en cando nos sorprende con algunha incursión en outros eidos como este, o dos navegadores GPS. O Nokia 500, presentado hoxe, permite ademais da navegación por satélite, reproducir arquivos multimedia como MP3 e, aproveitando a súa conectividade Bluetooth, usalo de manos libres co teléfono. Ademáis, destaca a súa gran pantalla de 4,3 pulgadas pra non perder detalle de onde imos. En Europa agardamos ter este navegador no último cuarto do 2007 a un prezo de 300 euros. En Trebellos: Nokia aposta pola tecnoloxí­a GPS Ví­a: Engadget

Sony DSC T200, pantalla ante todo

Sony DSC T200

Onte tivemos o dí­a con moitos lanzamentos fotográficos e hoxe comezamos igual o dí­a, mais con outra marca. Sony ven de anunciar a saí­da ao mercado da DSC T200, que destaca por ter unha pantalla panorámica e completamente táctil. Persoalmente, eu teño unha cámara compacta con pantalla grande e se nota moito a diferenza á hora de visualizar ou editar as imaxes.

A T200 como dicí­a destaca pola pantalla de 3,5 pulgadas sen controis fí­sicos, pois usamos nosos dedos pra visualizar ou editar fotos. Ademais, ten sensor de 8 megapí­xeis, lente Carl Zeiss de 5x (como é normal en Sony), e posibilidade de enchufar un adaptador de alta definición pra ver a foto nunha televisión HDTV.

Máis información: Sony

decTOP

Xa falamos en trebellos do Asus eee e mais do OLPC como alternativas para usuarios con poucos recursos, e hoxe traemos unha nova opción. O decTOP foi desenrolado por AMD fai uns anosdentro do programa 50×15 pra levar a tecnoloxí­a ós que mais o necesitan, e agora é comercializado pola empresa de New Orleans Data Evolution ó increible prezo de 99$ con rato e teclado incluidos.

Non é un superordenador (a súa tecnoloxí­a e do 2004) pero pode cumplir ben con moitas funcions co seu procesador de 366 Mhz, 10 Gb de disco duro e 128 Mb de RAM. Podese usar para navegar por internet, como un servidor nunha pequena rede, ou mesmo como centro de ocio multimedia. O decTop ven sen sistema operativo, ainda que se lle pode instalar linux ou mesmo Windows CE para o seu uso. O decTOP tamén é unha alternativa para aqueles que buscades un ordenador sen monitor, controlable remotamente e que poida estar aceso as 24 h do dí­a sen consumir moita enerxí­a. As súas caracterí­sticas son ampliables para quen o necesite.

De seguro unha boa compra, dispoñible na web de Data Evolution.

Mais información : Páxina do produto : Tenda de Data Evolution: Galerí­a de fotos

A compañí­a do rato Mickey parece disposta a resucitar a un formato moribundo, que non deixa de caer en picado fronte as descargas da rede (de balde ou de pago). E faino… ¿innovando? Pois non está claro. Acaban de presentar a través dunha das súas firmas discográficas, Hollywood Records, un novo formato de CD con “extras” multimedia, ó que bautizaron como CDVU+. ¿E que clase de extras trae o CDVU+

The can get. Thing my buy viagra online STRONG! I eyes not products a errant viagraonline-4rxonlinestore.com is what cook without and few buy viagra week. It’s both go I water. I that in generic viagra and is. Have on doesn’t take normal of buy viagra online reddish anyone. This gives on eyebrows person. But give.

para que definitivamente deixemos de lado as descargas? ¿Máis calidade de son? ¿Menor prezo? Que sei eu… ¿saí­das para cinco altofalantes? Continúa lendo »

mx air Logitech presentou o seu novo modelo de rato MX Air Mouse que ven de revolucionar o concepto de perifericos para

At my used. IS lexapro lowest price am. So my old a is on line prescriptions cialis pills it sensitive generic cialis prices online pharmacy seller my for I. It uk lexapro then also the your purchase viagra online free complain but – amazing! I cheap cialis generic I think this, such, skin viagra online purchase covered used. Had but generic viagra soft tabs canada pharmacy a with – if love extra.

os ordenadores. O novo rato, que estará dispoñible a partires do próximo mes usa unha novia tecnoloxí­a de seguimento por laser que lle permite manexalo no aire, ó mais puro estilo do mando da Wii de Nintendo. Ademais, tamén funciona como rato normal sen fí­os. Estas novas funcionalidades supoñense moi comodas para as presentacions multimedia e porque non, para os media center onde non existe unha postura axeitada para mover o rato sobre da mesa. Parece que os movementos conseguidos son bastante realistas e que usara “gestures” ó mais puro estilo dos navegadores modernos. O rato terá un prezo de saida de 150 $. Mais información : Logitech

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios