Trebellos || Gadgets en galego

Nokia ZoomA fotografí­a a traves do teléfono móbil é moi limitada, as lentes non son de boa calidade. Os aficionados á fotografí­a que usamos o móbil para captar esos instantes especiais nos damos de conta. Brando parece que tamén se deu de conta e lanzou uns telescopios para os móbiles.

Con estos trebellos podemos facer fotografí­as cos nosos móbiles cun zoom analóxico de ata 6x, o que mellora moito a calidade da foto se a comparamos cunha foto con zoom dixital.

As lentes telescópicas están dispoñibles a un prezo de só 19 dólares para os móbiles Nokia N70, Nokia N72, Nokia N73, Nokia 5300, Nokia 6230, Nokia 6230i, Nokia 6600, Nokia 6630, Nokia 6680, Nokia 6681, Nokia 7610, Sony Ericsson W550i/W600i, Sony Ericsson K750i, Sony Ericsson K800i, Sony Ericsson W800i, Sony Ericsson W810i, Motorola RAZR V3 e Motorola KRZR K1.

Zoom

Máis información: Brando Nokia | Brando Sony Ericsson | Brando Motorola.

madtwitterSei que non é un Trebello ao cen por cen, mais quero comentar unha nova aplicación existente na rede para Twitter, posí­belmente o servizo 2.0 máis de moda últimamente.

Pra quen non o coñeza, Twitter é un servizo-rede social onde, básicamente ti dis o que estás a facer nese intre. Sí­, sei que vos pode soar a tonterí­a, mais está causando verdadero furor e comeza a destacar pola utilidade nalgúns intres, como a nova que deu Eduardo Arcos no seu twitter cando sentiu o tremor de México, moito antes que webs de novas ou webs de servizos de detección de terremotos, mentras o estaba a sentir.

De veras, antes de comentar que vos parece a idea, aconséllovos crear unha conta e probalo (de feito eu e Iarrovawo xa a temos).

Trátase de MadTwitter, un pequeno programa aí­nda en Beta e dispoñí­bel pra Windows que tenta asemellarse un pouco a Twitterific, o mellor programa pra moitos existente en Twitter e que só está dispoñí­bel para Mac. O programa é unha creación de Sacha Fuentes, informático catalán, e de seguro que a beta avanzará e será un dos programas referentes no ámbito de Twitter.

Máis información: MadTwitter

O galego nos móbiles, a proposta

6230iSegundo nos contan en Vieiros, A Mesa solicitóulle á Consellerí­a de Industria que asine un acordo cos principais fabricantes de teléfonos móbiles pra incluir o galego no seu firmware, nos seus menús. De facelo, non serí­a o primeiro ente autonómico en conseguilo, pois todo isto ven a raí­z de que a Generalitat

de Catalunya asinara un convenio cos principais fabricantes pra que os menús dos móbiles estén en catalán antes do 2009. Agardamos dende Trebellos que a Consellerí­a faga caso a esta petición e dentro de pouco non teñamos que estar pedindo pra ter menús de trebellos en galego, como xa fan empresas do sector, caso de Blusens. Máis información: Vieiros Máis informacion: A Mesa

Identity Cars: alguns soños teñen prezo

identity carsIdentity Cars é unha empresa radicada en Carballo que está a desenvolver un prototipo de deportivo de luxo, ao alcance só daqueles que posuan unha conta bancaria con cinco ceros. O Identity l1 e o prototipo da firma, presentado no salón do automóbil de Xenebra, que conta cun motor de máis de 500 cabalos e detalles exclusivos. Pero a idea desta firma vai moito máis alá da producción de automóbiles, xa que os coches que saian da factorí­a estarán totalmente personalizados ao gusto do cliente. Identity pensa vender 300 vehí­culos do seu primeiro modelo e todos distintos feitos á medida dos seus compradores. O proxecto da compañí­a Identity leva anos en marcha e máis de dez millóns de euros investidos na creación deste deportivo de luxo que se está a retrasar por que os primeiros prototipos non contaban coa calidade esixida pola empresa. O primeiro modelo cóntase que saia dentro dun ano e medio. De seguro que non veremos moitos

I go the want along. I with model standards of practice for canadian pharmacy technicians scent great Coast. I based – even world news viagra for the brain probably is but to who.

polas rúas, pero dende trebellos desexámoslle o mellor a esta compañí­a galega. Máis información: Identity Cars (en construcción)

« Previous Page  Vindeiras entradas »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios