Unha das pegas que lle poñen algúns usuarios ó iPod é que non é capaz de reproducir diferentes formatos de video. Para o ZEN, o novo reprodutor multimedia de Creative, isto non é un problema e mesmo pode ser unha das súas grandes virtudes. Na súa pantalla de TFT de 2,5 polgadas e resolución 320×240 pixeles podemos ver videos en formato DivX, XviD, WMV ou MPEG. Ademáis, serve como perfecto visualizador de fotografías, non só polo lector de tarxetas SD que integra, se non pola variedade de formatos que o trebello é capaz de ler: JPEG, PNG, GIF e BMP.
Ademáis de reproducir video e
fotografías, como non, tamén reproduce ficheiros de audio. Non podería faltar a compatibilidade para arquivos MP3, WMA e WAV, pero ademáis tamén é capaz de reproducir arquivos de iTunes Plus (AAC sen DRM). Por se isto fose pouco, o ZEN tamén ten radio FM e un micrófono integrado.
Estará dispoñible en tres diferentes capacidades: 4GB, 8GB e 16GB.
Máis información: Creative
Ben, o que vedes aí enriba é unha foto dos supostamente novos iPod nano, que sairían en breve. Sei que en Trebellos
é o enésimo rumor que damos da inminente saída dos novos nano, pero por algo será.
Na entrada do blogue que sacou o rumor non atopamos nada pois, según eles, Apple mandou retirar a imaxe. Pero xa foi demasiado tarde. ¿Iso significa que confirman eses nano? A min persoalmente me encantan así, máis cadrados.
Vía: Applesfera
Eu, que son posuidor dun dos chamados dock con altofalantes pra o iPod, teño o problema sempre que teño que estar
ao carón se quero modificar de canción. Isto se soluciona co iMirror, un dock pra o iPod con control remoto sen fíos, que ten unha pantalla LCD cunha interfaz pra seleccionar o que queramos escoitar a distancia. O límite de distancia pra comunicarnos co mando é de 150 pies de distancia, e ten unha batería de litio que podemos recargar ao poñela no dock. Ademais, a base inclúe conexións S-Vídeo, RCA, audio 3.5mm e mini USB pra sincronizar. O iMirror funciona cos iPod nano (1G e 2G), iPod (4G e 5G) e ao Mini tamén. O prezo de venta é de 150 dólares e sairá a venda no vindeiro mes de Septembro. Máis información: iMirror Vía: iPodTotal
En Engadget fan unha entrada cunha serie de razóns bastante certas polas cales non sería bo mercar un iPod neste intre, se é o que estamos a pensar.
Principalmente, e diso falamos nos rumores de Trebellos, cada vez hai máis rumores de novos iPod, e ademais:
Baseándonos sobre todo no último apartado, e sobre todo en que os distribuidores comentan que Apple cada vez manda menos iPods da 5G, todo apunta a que teremos un Outono con novos iPod.
Sobre cómo van ser non se sabe nada a ciencia certa, mais se supón que usará gran parte da tecnoloxía do iPhone, polo que pode estar baseado no Sistema Operativo Mac OS
X e ter pantalla táctil, mais o seguro é que pode sair entre Setembro e Novembro, o momento ideal pra ser o producto estrela este Nadal.
Vía: Engadget
En Trebellos: Rumores de novos iPod
En Trebellos: O iPod 6G cada día máis preto… ¿teremos nova interface? Semella que si.
Se es un dos posuidores dun iPod Shuffle, aínda que sexa o bañado en ouro seguro que este novo trebello será de utilidade. O cargador do iPod Shuffle de serie é o cargador que teñen tódolos iPod, consistente nun dock cun cable a un porto USB, polo que ás veces cicais queramos cargalo simplemente a través do porto USB sen usar nengún cable, pois cicais xa teremos suficientes na nosa mesa. E iso é o que permite este pequeno cargador que, enchufado ao porto USB do noso ordenador e sen ocupar moito espazo nos permitirá cargar a batería sen ocupar demasiado espazo e a un prezo bastante razoable, ao redor de 15 dólares. En Trebellos: Cuby, pequenos altofalantes pra o iPod Shuffle En Trebellos: iPod Shuffle de ouro
Vía:SlipperyBrick
Máis información: Web oficial do iPod shuffle
Se onte falábamos do GPS pra moteiros, hoxe en Trebellos imos falar dun accesorio que será bastante útil pra todos aqueles que
tamén fagan deporte ao aire libre, neste caso o ciclismo. Imos falar doiHome iH85B, que é un estoxo de policarbonato resistente onde poder gardar a botella de auga namentras andamos na bicicleta. Ata aí, normal. Pero,ademais, é un lugar onde poder meter o iPod e así escoitar a nosa música a través de este estoxo/soporte, pois incorpora dous pequenos altofalantes. Ademais, pode ser controlado por control remoto, polo que non é algo incómodo namentras andamos na bicicleta, pois este control remoto se pode enganchar no manillar da bicicleta. Pese a todo, algún verá a utilidade de ir coa bicicleta e uns altofalantes, sobre todo pola molestia que poida causar a todos aqueles polos que pase ao carón, pero iso non é cousa nosa. Este curioso trebello está á venda por 83 dólares en Amazon.com Vía: PopGadget
23 Jul
Escrito por Jose Lourido en Periféricos, Son
Os avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun vídeo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod. As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva todas a atencións- diminúen segundo se achega o lanzamento do novo iPod. Nin haberá fagocitación do iPod polo iPhone nin se converterá nun iPhone sen teléfono. O iPod manterá a súa esencia, aínda que a súa interface se iPhonizará un chisco, no tocante ó seu deseño e estilo dos menús. Continúa lendo »
Sí, nos tamén pensamos o mesmo deste trebello mais, se te che sobran os cartos e te che encanta o ouro pode ser unha boa opción.
A empresa alemana Xexoo ten á venda iPods bañados en ouro, e non só este modelo, o iPod Shuffle, senón tamén outros como o iPod nano ou o iPod vídeo de 30GB.
O que vedes na imaxe é un iPod Shuffle bañado en ouro de 18 quilates, por un módico prezo de 14.000 €, apto pra calqueira friki bolsillo.
Máis información: Sitio oficial da marca
O Shanling MC-30 Music Center é un dock onde podemos facer soar o noso iPod mais coa funcionalidade extra de ter incluído un amplificador de válvulas. O amplificador ten unha carcasa de aluminio con luces LED que faino bastante atractivo, mais non é apto pra tódolos bolsillos, pois a grande calidade dos amplificadores deste tipo se paga ben, neste caso ao redor de 1.000 dólares. O Shanling MC-30 Music Center ademais ten un reproductor pra CD, radio AM/FM e 3 watts de potencia por canle. Visto en: Digital Drops Máis información: Sitio oficial
Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza.
Segundo MacRumors estarían basados no sistema operativo MacOs X, ao igual que o teléfono móbil, aínda que o que cobra máis forza é a aparición da segunda edición dos iPod nano, que levan tempo sen ser mudados. Veremos pois que sucede.
Máis información: Novos iPod nano antes de finais de ano (Código Cero)