Trebellos || Gadgets en galego

A compañí­a do rato Mickey parece disposta a resucitar a un formato moribundo, que non deixa de caer en picado fronte as descargas da rede (de balde ou de pago). E faino… ¿innovando? Pois non está claro. Acaban de presentar a través dunha das súas firmas discográficas, Hollywood Records, un novo formato de CD con […]

Os avogados da empresa da mazá ordenaron a retirada dun ví­deo aparecido na páxina MacRumors, no cal se presentaba a que supostamente será a nova interface do iPod. As dúbidas sobre o futuro do trebello máis exitoso da última década trala aparición do iPhone -ese parente incómodo ó que todos esperaban e que se leva […]

Philips BTM630, música por Bluetooth

Philips ven de presentar un Sistema de Música sen fí­os a través de Bluetooth bautizado co nome de BTM630. Con el teremos bastante conectividade, pois pode ler CD, MP3-CD, WMA e todo isto a través, por exemplo, dunha unidade flash USB ou dunha tarxeta de memoria. E tamén, aí­ súa innovación, permite reproducir a música […]

iPod shuffle de ouro, obxeto de luxo

Sí­, nos tamén pensamos o mesmo deste trebello mais, se te che sobran os cartos e te che encanta o ouro pode ser unha boa opción. A empresa alemana Xexoo ten á venda iPods bañados en ouro, e non só este modelo, o iPod Shuffle, senón tamén outros como o iPod nano ou o iPod […]

Shanling MC-30, amplificador de válvulas pra o iPod

O Shanling MC-30 Music Center é un dock onde podemos facer soar o noso iPod mais coa funcionalidade extra de ter incluí­do un amplificador de válvulas. O amplificador ten unha carcasa de aluminio con luces LED que faino bastante atractivo, mais non é apto pra tódolos bolsillos, pois a grande calidade dos amplificadores deste tipo […]

Agora que chega o verán chegan con el as cancións do verán que non paran de soar na nosa cabeza. Moitas destas cancións que soan na nosa cabeza non sabemos nin o seu nome nin o seu artista e case non podemos conciliar o soño ata que non damos co titulo da cancionciña de marras. […]

Rumores de novos ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza. Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo […]

Auriculares Bluetooth Nokia, tres novas opcions

Para os que queiran mercar un auricular Bluetooth para o seu mobil, Nokia ven de presentar tres modelos na súa amplia gama destes trebellos. O Nokia BH-803 e un pequeno pero elegante auricular con altas prestacions en tan só 11 gramos pero a uns 120 €. O Nokia BH-602 representa o continuismo na gama de […]

Samish SBS 6600, altofalantes Bluetooth

Se ben non son os primeiros altofalantes sen fí­os dos que falamos en Trebellos, acaban de saí­r á luz uns novos altofalantes de este tipo, que transmiten por Bluetooth. Os SBS 6600 de Samish, que é como se chaman estos altofalantes, teñen unha potencia de saí­da de 1,2w por canal, un punto intermedio entre uns […]

O TurboLinux Wizpy é unha moi boa opción á hora de mercar un reprodutor multimedia, vamos, o que se coñece como mp4. Este trebello é un mp4 normal salvo que leva no seu interior unha distribución GNU/Linux, que o fai especial. Como mp4 reproduce case todo: MP3, OGG (cousa boa xa que moitos reprodutores non […]

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios