Trebellos || Gadgets en galego

O HTC Kaiser, a piques de saí­r

Hai novos rumores de que HTC vai sacar en breve seu novo modelo Kaiser en América. Segundo comentan, un dependente de AT&T comentou que están a piques de recibir estes novos terminais sobre finais de Agosto ou comezos de Setembro. Segundo os rumores, este potente smartphone traerá unha pantalla de 2.8 pulgadas, un teclado slider […]

Rumores dunha nova Xbox 360 en camiño

Estes dí­as se di na rede que a recente rebaixa de prezo da Xbox 360 se debe a que se queren desfacer das unidades existentes pra así­ presentar unhas novas consolas, con mellores prestacións. Se facemos caso ao rumor, a renovación é nas versións Premium e Core e incluirí­an o seguinte: Portos HDMI. Procesadores de […]

Rumores de novos iMac hoxe

Hoxe hai unha conferencia especial da xente de Apple dende a súa sede, e os rumores, como cada vez que falan os da mazá, non se fixeron agardar. Concretamente, en ThinkSecret, blogue de rumores sobre Apple apuntan á saí­da de novos iMac con novos prezos. Segundo a información, Apple deixarí­a de fabricar o modelo de […]

Novo rumor sobre o teléfono de Google

Recoñezo que, ao igual que está pasando cos novos teléfonos de Nokia, dentro de poco teremos que facer un Trebellos paralelo onde meter todos os rumores e os posí­beis deseños de terminais. E iso que vedes aí­ arriba non é outra cousa que un suposto novo Google Phone, polo que aí­nda teremos que ver se […]

Rumores de novos ipod

Tranquilos, que o de arriba non é unha imaxe oficial. Sobre todo dende a aparición do iPhone, os rumores de novos ipod con pantalla táctil sempre estiveron presentes. Mais o que agora cobra forza é a posibilidade de que en Agosto saian novos iPod, e con bastante forza. Segundo MacRumors estarí­an basados no sistema operativo […]

Seguen os rumores sobre o Nokia N95 de 8GB

Se fai uns dí­as nos fací­amos eco dos rumores que dicí­an que Nokia estaba desenrolando un N95 de 8GB para contrarrestar ao iPhone, hox e en SlashGear sacan esa imaxe do suposto novo terminal. ¿Será certo? ¿Será unha fotomontaxe? E vós, ¿que pensades? Máis información: Slashgear Máis información: Revisión do Nokia N95 en Trebellos.org

Cada dí­a chegan novos rumores sobre o iPhone (do que xa falamos moito en Trebellos.org) pero este é especial, xa que lle abre ao iPhone un novo mercado, os videoxogos. Seica (aí­nda son rumores) Nintendo e Apple pensan sacar videoxogos para o iPhone. O que convertirí­a ao iPhone nun posible competidor da PSP e Nintendo […]

Disco duro para a wii, ¿cando?

Berran forte os rumores que apuntan a que este mes sairá un disco duro para a Consola de Nintendo. E a verdade e que faralle falla para aloxar os titulos da mí­tica consola dos 90, Neo Geo, que se non recordo mal pesaban un quintal (uns 300 MB sin compresión). O disco duro virí­a a […]

Google poderí­a fabricar hardware nun futuro

O xigante do mundo virtual poderí­a tomar forma fí­sica nun futuro, ou cando menos iso é o que parece desprenderse dunha oferta de emprego que ven de facer publica no seu sitio web, e que comentan en Google Dirson. Un dos obxectivos principais que terá que afrontar o potencial candidato, será o de garantir que […]

Rediseño do Meizu M8

Isto que vedes ao meu carón é o Meizu M8, o novo Meizu M8, rediseñado para tentar evitar unha posí­bel demanda de Apple pola gran similitude que este tareco ten co Iphone. Meizu é unha empresa de trebellos chineses especialista en “copiar” deseños de productos, mais neste caso tódolos rumores apuntan a un pequeno aviso […]

« Previous Page« Anteriores entradas  Vindeiras entradas »Next Page »
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios