Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Epoq EMP-CVWD-2, ví­deo no teu reloxo

Videoreloxo

Saiu ao mercado o Epoq EMP-CVWD-2, que é nada máis e nada menos que un reloxo cunha pantalla de 1,8 pulgadas, o que constitúe unha nova xeración de reloxos.

Nel poderemos ver fotografí­as, ví­deos en formato .MP4 (o mesmo que usan trebellos como a Sony PSP ou algúns móbiles) ou escoitar música MP3 ademais de, por suposto, saber a hora.

Como é de supor, o reloxo ten memoria interna, que polo dagora é de 2Gb, se ben a empresa indica que próximamente sacarán a versión de 4GB. A primeira versión xa está a venda por 150 euros.

Máis información: Wrist Dreams


TurboLinux Wizpy, leva linux no teu reprodutor multimedia

O TurboLinux Wizpy é unha moi boa opción á hora de mercar un reprodutor multimedia, vamos, o que se coñece como mp4. Este trebello é un mp4 normal salvo que leva no seu interior unha distribución GNU/Linux, que o fai especial.

Como mp4 reproduce case todo: MP3, OGG (cousa boa xa que moitos reprodutores non o fan), WMA, AAC, XviD, MPEG4 e JPG. Amosa texto, é dicir, podes levar e-books e tamén reproduce radio FM. Co seu micrófono grava a voz en formato MP3. Ten unha pantalla LCD de 1’7 pulgadas e unha memoria interna de 4GB ou 2GB dependendo do modelo, pero estase a traballar nun modelo con ranura para tarxetas SD. A pega é que 1’5GB están destinadas para a distribución GNU/Linux.

O que fai especial a este mp4 é que podes crear programas para él. A empresa que o fabrica lanzou un kit de desarrollo (SDK), é dicir, programa para facer programas de xeito sinxelo para o trebello. Así­ calquera que se descargue o SDK poderá crear programas que funcionen no seu mp4, podendo ter o teu programa á medida.

Outro tema interesante deste reprodutor multimedia é que, como xa dixen, ten unha distribución GNU/Linux no seu interior. Isto que quere dicir?

http://canadianpharmacy-lowcost.com/, flomax and viagra, cheap cialis, tadalafil online, cipla tadalafil, http://sildenafilcitrate-rxstore.com/, generic viagra

Pois que se enchufas o mp4 a un ordenador (con arranque USB) poderás ter o teu propio sistema operativo, cos teus ficheiros, os teus programas favoritos e coa configuración do teu escritorio xa que estarás traballar dende a distribución GNU/Linux do mp4.

Un mp4 con moitas posibilidades para fedellar nel. Xa está a venda en xapón e sairá este mes nos paises anglófonos por 280 dólares aproximadamente. Para que saia por estes lares teremos que esperar a finais deste ano ou principios do que ven.

Visto en Xataka.
Máis información: Páxina do produto.


Blusens P27, o reproductor con pantalla panorámica de Blusens

Blusens P-24Blusens ven de presentar o seu novo trebello, un reproductor de video con pantalla panorámica. O Blusens P27 e un mp4 ultracompacto de tan só 51 gramos de peso e capaz de reproducir .avi e MPEG na súa pantalla de 2,4″ e ten microfono e altofalante ademais de sintonizador FM como extras. Traerá 1 Gb de memoria interna e poderase ampliar con tarxetas miniSD.

O reproductor porase á venda a un prezo de 89€.

Visto en Codigo Cero