Mentres que aquí agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns días, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saída ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos países que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns días xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas características, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.
Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.
E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns días que se anunciou, aínda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.
Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentín. Tedes xa os agasallos mercados?
Vía | Applesfera
O outro día xa falamos do meizu m8 e agora nos chegan novas de meizu sobre o modelo m7, como podemos observar na imaxe, outra réplica do ipod touch. A continuación as súas características principais:
Estará dispoñible a finais de 2008. Visto en: Xataka
Comentábamos hoxe en Trebellos a notabél incompatibilidade dos novos iPod entre os usuarios de Linux, que sabemos que no son poucos entre os nosos lectores. A través de esta entrada en Xataka hoxe nos enteramos de que a principal dificultade estaba en que Apple engadiu nos novos iPod dous campos que eran o resultado dunha función hash, mais xa se sabe como calculalos.De feito, os desenroladores de gtkpod (unha librería e un programa pra acceder ao iPod en Linux) descubriron como facelo e xa teñen o código, aínda que non presente no programa, só será cuestión de tempo. Máis información: Web oficial Amarok
Debido a que Apple mudou a
forma de acceder á base de datos de cancións e listas de reprodución nas últimas versións dos iPod, presentadas hai unhas semanas, as aplicacións de terceiros para sincronizar a música co reprodutor de Apple non funcionan. As aplicacións de terceiros eran, ata o de agora, a única forma de sincronizar o iPod baixo Linux. Mentras non apareza algún tipo de actualización do software dispoñible, os usuarios deste sistema operativo terán que empregar un ordenador con Windows
ou Mac OS para disfrutar de contidos multimedia no seu reprodutor. Vía: Gizmodo ACTUALIZACIí“N: Resolta a incompatibilidade dos novos iPod en Linux
Apple decidiu onte, sen anuncialo, deixar de fabricar seu sistema de altofalantes pra o iPod, o iPod Hi-Fi. Pese a esta decisión, o
– canadian pharmacy – will viagra make you last longer – franchise pharmacy canada – does celebrex cause excessive sweating
iPod Hi-Fi era o cuarto sistema de altofalantes máis vendido pra o iPod., xunto a marcas como Logitech ou Bose. Apple comezou a vender en Febreiro de 2006 ese sistema de altofalantes por 349 euros, tentando entrar no negocio dos altofalantes pra o iPod. Eu persoalmente penso que eran unha solución bastante grande, pois hai outros máis transportábeis e cunha calidade de son destacada. Ao non dicir nada Apple ao respecto, en principio se fala de que se vai deixar de fabricar, mais cicais se esté facendo un novo que se adapte aos novos modelos… Vía: AppleInsider
Outro rumor que se converte en realidade. Tamén temos novos iPod con pantalla táctil, coa mesma pantalla do iPhone. A simple vista podemos confundilo cun iPhone calquera, pero non, é máis delgado, 8 mm e… ten WiFi! Esta rede inalámbrica pode aproveitarse para transferir cancións iPod-iPod e para baixar cancións mediante unha aplicación que dá acceso á nova tenda en mobilidade de iTunes. A diferenza do iPhone, o iPod Touch ten conexión para auriculares, pero non leva altofalantes
integrados. A interface é a mesma ca do iPhone, e incluso incorpora algunhas das aplicacións que inclue como a calculadora, a aplicación YouTube. Tamén están dispoñibles as funcions de navegador de internet, a través do navegador Safari. Dispoñible en dúas capacidades: 8Gb a 300 dólares e 16Gb a 400 dólares. Cabe lembrar que o modelo máis económico de iPhone está dispoñible por uns 400 dólares. A duración da batería é realmente excepcional: 22 horas reproducindo música e 5 horas se reproduces video.
Novo iPod Classic CON 160Gb DE CAPACIDADE, sen pantalla táctil. í‰ o antigo iPod Vídeo, máis fino e de metal.
Estarán á venda en dous formatos:
Como é de supor, a memoria é de disco duro, pero onde estén 160Gb, a min paréceme un bo prezo. Mágoa que non teña memoria flash nen pantalla táctil. Veremos se cae algo máis…
Comezan as presentacións de novos iPod. Steve Jobs acaba de comentar que a partir de mañá estará á venda o iPod Shuffle, coa mesma capacidade casino (1GB) e polo mesmo prezo, 79 euros., mais con novas cores, non moi interesante…
Veremos que se segue presentando…
Segundo últimas informacións, algunhas tendas distribuidoras de produtos Apple no noso país xa levan algún tempo sen recibir novas unidades de diversos productos da marca Apple, como son os iPod. En tendas como HiperPlanet (Lugo) os estantes dedicados a este reproductor están case baleiros, e segundo confirmou un dos vendedores, sen existencias.
Pero o que pasa en Lugo tamén pasa,
segundo outras webs, nalgunhas tendas de toda a xeografía. Será isto unha confirmación de que Apple presentará novos reprodutores mañá?
Algunhas webs seguen especulando sobre isto. Mesmo apuntan á aparición de novas familias iPod e á desaparicíón do modelo máis básico, o Shuffle.
Será todo isto certo? A resposta… mañá!
Xa estranaba que a dous días do evento houbese tan poucos rumores. Hoxe comentan, en base ao dito por manufactureiros de Taiwan, algunha das características dos novos iPod que se presentarían o Mércores. Vexamos:
Máis información: Digitimes En Trebellos: Evento Apple o 5 de setembro En Trebellos: Foto dos posíbeis novos iPod nano