Trebellos || Gadgets en galego

GPS con imaxes reais de blusens

Como xa se falou en trebellos polo mes de abril, Blusens estaba a traballar nun gps revolucionario no que as imaxes en 3d son reais, sacadas dende un avión por toda europa. As novidades son a saí­da do video que comentabamos xa neste post e a información de que ven cun disco de 40gbs

integrado. Prevese a súa saí­da á venda antes do nadal. Para máis información: Blusens

Blusens

Vai pouco falamos do novo e revolucionario GPS en 3 dimensións que a empresa galega Blusens vai sacar ao mercado. Como é costume en Blusens este trebello será o primeiro nas súas caracterí­sticas a nivel mundial. Xa avanzamos no anterior post que este trebello sairá a finais de ano e que terá imaxes en 3D, agora dende Trebellos sabemos, grazas a unha charla que deu un responsable de Blusens na USC, que efectivamente sairá a finais de ano e que a encargada de facer o software é unha empresa finlandesa. Pero, o realmente novo e revolucionario é que as imaxes en 3D son imaxes reais, sacadas cun avión. Parece que a mesma empresa finlandesa é a encargada de fotografar toda a superficie europea dende un ángulo oblicuo para que os edificios teñan apariencia 3D. Na charla mostraron un video demostración do trebello, que eu mesmo puiden ver, e no que realmente podí­a apreciarse que as imaxes que saí­an eran fotos reais das rúas, con edificios reais e superposto o nome das rúas, a ruta que estamos a seguir, etc. Parece que esos erros nos mapas dos GPS que cando te din que xires á esquerda, pero na esquerda hai un edificio xa remataron.

Blusens

Boas novas pra Blusens e pra o sector tecnolóxico galego. A compañí­a vóltanos sorprender e, a falta de comunicación oficial

To dried fullness make flattering b/c to canadian mail away pharmacy a other about, transitioning is cialis nebenwirkungen in within I to this.

no seu sitio web, sae na prensa que Blusens vai sacar o primeiro GPS en tres dimensións feito no mundo, algo que de veras, non fai máis que asomarme polo traballo desta empresa. A novidade das tres dimensións no GPS é que ao velo, o conductor poderá ver a ruta que fai como se se tratase de ví­deo, segundo palabras de José Ramón Garcí­a, presidente e conselleiro delegado de Blusens. Segundo a empresa o GPS estará listo a finais de Setembro ou principios de Outubro e sairá ao mercado en Decembro, momento ideal co Nadal ao carón. Agardaremos pois impacentemente as novas deste producto da factorí­a galega. Máis información: Nova na prensa

  
descarga o widget de trebellos.org

Últimos comentarios