Hoxe en Trebellos : Tódalas novas dos trebellos máis interesantes do mercado

Apple iPhone vs Nokia N95

N95 vs iPhoneDende CNET quixeron comparar os dous mellores móbiles que hai agora mesmo no mercado, o Nokia N95 e o Apple iPhone.

Finalmente, para os de CNET, gañou o Apple iPhone por 59 a 56 puntos, aí­nda que o resultado é moi subxetivo e podemos ter outra opinión. Para chegar a un resultado os de CNET compararon os dous teléfonos móbiles en 5 categorí­as (rondas): atractivo, navegación, caracterí­sticas, calidade do ví­deo e da música e calidade das chamadas.

O equipo de CNET que comparou os dous trebellos estaba formado por 3 persoas que puntuaban, cada un independentemente, do 1 ao 5.

Segue lendo »


Guia pra mercar televisores planos (II): Plasma Vs LCD

plasmavslcdLogo de falar do tamaño dos televisores para a casa, falaremos de dúas das tecnoloxí­as mais populares na actualidade. Cada vez son mais os modelos de televisores planos asequibles a un bolsillo medio. Pero á hora de mercar unha pantalla deste tipo son moitas as dudas que nos sacuden os miolos. Dende trebellos tentaremos resolver as mais problemáticas con esta guí­a de merca para que a elección sexa a mais axeitada. Segue lendo »


:)