Canon presentou tamén hoxe esta PowerShot, pensada pra os usuarios avanzados pero que non queren transportar unha cámara grande e poder levala así a tódolos lados. Porén, esta sucesora da PowerShot G7 inclué unha das funcionalidades máis demandadas, que é a presenza do modo de captura RAW, un modo profesional que garda máis datos que o tradicional JPEG.
Ademais, ten sensor CMOS de 12 Megapíxeis, zoom óptico 6x con estabilizador, e o Procesador Digic II que traen tamén os anteriores modelos comentados,
as novas profesionais EOS-1Ds Mark III e EOS 40D. Ademais, soporta entre outras as tarxetas SDHC.
Sairá en Outubro ao mercado a partir de 499 dólares.
Máis información: Canon
20 Aug
Escrito por Juan Milleiro en Fotografía, Novas, Periféricos
En Trebellos nos fixemos eco a comezos de Agosto dos rumores dunha Canon EOS 40D a finais do mes, como finalmente sucedeu. Esta cámara ten un sensor CMOS de
10.1 Megapíxeis, saca fotografías tanto en JPEG como RAW, 9 puntos de enfoque, un rango ISO de 100 a 1600, velocidades de disparo de 1/8000 a 30 segundos e
rangos de cor sRGB ou Adobe RGB. Mide 145.5×107.8×73.5 milímetros e pesa 740 gramos, bastante lixeira e manexábel pra as cualidades que ten. Máis información: Canon En Trebellos: Canon EOS 40D, a finais de Agosto
Canon ven de presentar varias cámaras hoxe, que iremos comentando pouco a pouco en Trebellos ao longo de esta semana, comezando pola que cicais montase máis rebumbio pola cantidade de rumores, a nova Canon EOS-1Ds Mark III. Esta cámara inclúe un sensor CMOS de 21,1 megapíxeis (liches ben, 21 megapíxeis), unha pantalla de 3″ LCD, un sistema integrado pra limpiar a suxedade no sensor, 45 puntos de enfoque e unha velocidade de 5 capturas por segundo pra sacar fotos en formato JPEG e sRAW e poder almacealas en tarxetas SD, SDHC ou CompactFlash. Máis información: Canon
Xa comezan a verse fotos da nova Canon EOS40D, a cámara que viría a sustituir á antiga 30D e que supostamente sairía a finais de este mes de Agosto.
Como características principais, se comentan:
Máis información: Northlight Images
22 Apr
Escrito por Juan Milleiro en Novas, Periféricos
Se ben nos últimos tempos semellaba que o mercado dos escáneres pra o ordenador estaba algo parado mentras medraban outras solucións como os multifuncións, Canon acaba de sacar un trebello moi interesante e útil, segundo meu punto de vista.
A peculiaridade deste escáner é que ten unha salida VGA, polo que o podemos enchufar a un proxector ou a un monitor o que tiveramos escaneado, polo que pode ser una solución fantástica pra o ámbito educativo. Porén, o escáner ven dotado dunha memoria interna de 32 megas, pra que non sexa necesario o uso dun pc onde aloxar as imaxes.
15 Sep
Escrito por Juan Milleiro en Fotografía, Sen fíos
De vez en cando un atopa cousas polos blogues que o deixan abraiado, e este caso é un deles: cómo sacar unha foto cunha Canon EOS1 DS Mark III a distancia cunha Playstation Portable. Sí, líchedes ben.
A Ds Mark III é unha cámara de fotos réflex, para profesionais, con 21 MPx, 45 puntos de enfoque…pero nelas destaca un sistema de control sen fíos da cámara. Serve, entre outras cousas, pra enviar as fotos a calqueira parte do mundo dende a cámara, só tendo unha rede WiFi.
Pero, ademais, o módulo tamén permite controlar tódalas funcións da cámara de modo remoto dende calqueira dispositivo sen fíos, ben sexa un portátil, ben unha PSP como neste caso, que resulta abraiante.
No blogue comentan que na mesma exposición, coa PSP se axustaban os parámetros e se tiraron varias fotos, pra logo subila a Flickr, sen tocar para a nada a cámara, todo dende a PSP. Como é de agardar, non podemos mover a cámara a distancia (polo dagora), mais é un exemplo ideal pra ter a cámara enfocada para capturar un intre que vai suceder e a distancia cun destes trebellos e cicais en mellor posición ir vendo o que sucede e poder manexar a cámara. Tremendo.
Máis información: Clipset
23 Aug
Escrito por Juan Milleiro en Fotografía, Novas
Se ben estes días o mundo da fotografía anda revolucionado pola saída das novas cámaras de Canon, o xigante Sony non se queda atrás e saca algún modelo interesante pra o público. A nova Cyber-Shot DSC-H3 trae un sensor de 8 Megapíxeles, un moi bo zoom óptico Carl Zeiss de 10x, unha sensibilidade ISO de ata 3200 e, como soe estar sucedendo cos últimos lanzamentos de esta marca, a posibilidade de sacar as fotos a un monitor de 1080p coa alta definición, mercando o cable da compañía, que custa sobre 30 euros. Esta cámara ten un prezo de saída
de 300 dólares, que non está moi mal pra a lente que trae e o bo zoom, á venda a partir de hoxe nos Estados Unidos. Vía: Akihabara News
Era algo que xa se sabía pero que non era oficial. Que Dell ía vender ordenadores e portátiles con Ubuntu pre-instalado era un ruxe-ruxe que corría dun blog a outro dende que a propia Dell abriu o IdeaStorm, unha especie de Chuza! pero de ideas para Dell.
No IdeaStorm o que máis se votou foi que os ordenadores e portátiles viñeran con Linux instalado. Uns meses despois, Dell confirma, por medio do seu blog, que nas próximas semanas os ordenadores e portátiles Dell terán a opción de vir con Ubuntu 7.04. Isto é grazas a un acordo de Dell e Canonical. Demomento só estará dispoñible para os estadounidenses, pero agardase que pronto esta opción estará operativa para o resto do mundo.
Unha boa nova para os amantes de Linux que xa están fartos de pagar a licenza do Windows que nunca utilizarán.
Máis información: Direct2Dell.
Máis información: Ubuntu.