iPhone, iPod nano rosa e iPod Touch

Mentres que aquí­ agardamos a que o iPhone se anuncie dentro duns dí­as, supostamente da man de Movistar e en Barcelona, Apple vén de anunciar a saí­da ao mercado dunha nova versión con 16GB, dispoñible xunto á de 8GB nos paí­ses que xa dispoñen de iPhone.
Dende hai uns dí­as xa se especulaba na rede sobre a existencia dun iPhone destas caracterí­sticas, e mesmo chegaron a aparecer imaxes mostrando a capacidade de almacenamento. O novo modelo está á venda a un prezo de 499 dólares nos Estados Unidos.

Por outra banda, o iPod Touch tamén se actualiza. Agora tamén está dispoñible un modelo que ten 32GB de almacenamento, o dobre da súa capacidade máxima anterior. O seu prezo é de 449 euros.

E por último, sinalar a dispoñibilidade do iPod nano en cor rosa, que se ben xa hai uns dí­as que se anunciou, aí­nda non vos falaramos del en Trebellos. O seu prezo, ao ter 8GB, é de 189 euros.

Apple reforza a súa gama de produtos de cara ao San Valentí­n. Tedes xa os agasallos mercados?

Ví­a | Applesfera