Este Micro Computer Game (tal que dí­ nunha esquina) merqueino nunha tenda de segunda mán en Angel, no norte de Londres por £15, e lembro que habia outro igual, no que habia que controlar un home cavernario que lle tinha que roubar ovos a un dinosaurio, mais ese dia non tinha máis cartos no peto, ou sexa que non o levei. Eu penso que é de mediados dos 80, seica porque foi cando mirei por primeira vez estes comecocos con leds luminosos, cunha transición máis rápida que resultaba máis animada. O control da esquerda sube ou baixa a tua nave, que permanece sempre na banda da esquerda. O botón da dereita é o disparo e tamén sirve para iniciar o xogo, hai dous interruptores no centro: o de Ama (amateur) ou Pro (professional) é un control de dificultade que o único que fai e aumentar a velocidade cando se selecciona Pro; o outro interruptor é o On/Off do trebello. A pantalla móvese en scroll de dereita a esquerda para dar a sensación de que a nave avanza. Dalgun xeito os display led do resto da pantalla apáñanse para mostrar distintos elementos cada ún, chegando a amosar 3 figuras distintas (misil, tanque de combustible, os pequenos ufos) aparte do punto branco que é o disparo, e tamén un cuadrado como obstáculo contra o que podes chocar. Cada ún dos display led pode amosar todo o anterior. En total unha pantalla de 7 displays de ancho por 4 de alto (8 de ancho si contamos a columna reservada para a nave do xogador). Hai 4 fases distintas, sendo a última a tí­pica do gran bicho-monstruo, e unha vez superada enlaza coa primeira aumentando a velocidade. O sonido beep mono non se pode aturar, está altí­simo e non penso que se poda baixar, especialmente o soniquete do inicio de xogo, de cando nos vendian esto como exemplo de futuro. Funciona con 4 baterias tipo C (R14) de 1.5 V, e duran ben. Estouno a mirar agora e non atopo etiqueta, agás os nomes de Tomy (o fabricante de xoguetes) moldeado no frente, e o copyright de Konami. Debaixo tén a inscripción moldeada “Made in Singapore”. Este maquinillo tén a actitude de moi para rapaces, non para rapazas, tí­pica.

Fotos: 1, 2. Amosa os teus trebellos!