O Pro Evolution Soccer é un dos mellores videoxogos de fútbol que hai hoxe en dí­a no mercado, triunfa grazas ao seu fácil manexo e á súa boa simulación dun partido real. Como non poderí­a ser doutra forma, a consola Wii de Nintendo contará coa nova versión deste xogo. O que vos queremos contar hoxe é a forma de manexar este xogo na Wii. í‰ moi novidosa. Por primeira vez poderemos controlar a todos os xogadores á vez en tempo real. Co joistick do nunchuk manexaremos ao xogador que leva o balón e co Wiimote poderemos seleccionar a outra xogador e mandalo a onde queramos para que, por exemplo, se desmarque. O limite das nosas xogadas só será a nosa imaxinación. Ao principio pode ser algo caótico e complexo pero para valorar se será un bo sistema ou non o que hai que facer é probalo. Namentres aqui vos deixo cun video explicación:

O videoxogo sairá para o resto de consolas este mes, pero para poder xogalo na Wii teremos que esperar ata o primeiro trimestre do ano que ven. Visto en VidaExtra.