Wii chip

Está algo revolucionada estes dí­as a comunidade de xugóns da Nintendo Wii (que non é pouca, entre eles Iago), pois o chipset D2C na Nintendo Wii foi pirateado. Un novo producto chamado o “Wii D2C Modchip Actel” semella que vai usar esa vulnerabilidade atopada, e que vai ser lanzado en breve en Europa.

Mais, non está perfeccionado totalmente. Primeiro, só funcionan sen ningún problema o 80% dos xogos de rexión protexida. O 20% restante funciona, mais hai que soldar 30 patillas para xuntar ben o chip coa consola, o que inutilizarí­a a garantí­a.

O 8 de Outubro sae á venda o chip por 37 euros. Certamente, aí­nda podedes ver que non é algo perfeccionado, mais deberí­a ser considerado un paso de xigante máis ata o intre no que se poida facer sen moito problema.

Iso si, nós só informamos, se queres tocar as entrañas da túa consola e non funciona, non é cousa nosa…

Ví­a: MaxConsole