Nokia N800

Oficialmente, Nokia ven de afirmar que próximamente sacará unha

nova versión do N800, un trebello que ten VoIP e WiFi, entre outras cousas. A novidade vai ser que a versión nova vai ter WiMAX e GPS integrado. O do GPS é un gran acerto, pois Nokia ven de mostrar en feiras a integración do N800 en coches como o Mini Cooper, polo que agora con máis razón pode apostar máis forte nese senso. O do WiMAX certamente pode funcionar, mais cicais a longo plazo. O chip será o Baxter Peak WiMAX de Intel. Nokia tamén confirma que sacará unha versión sen WiMAX mais con GPS, máis económica e cicais máis cercana para ser levada cando imos conducindo. Ví­a: Ars technica